A Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” da USC coordina o proxecto no que participan entidades de España, Francia e Portugal.                                                                                                                           

MIGRANET

Tras dous anos de funcionamento, o proxecto europeo Migranet chega ao seu fin presentando os resultados acadados nun seminario público o vindeiro venres 21 na Aula Magna da Facultade de Bioloxía da USC. O proxecto, cofinanciado polo Programa SUDOE a través de fondos FEDER da Unión Europea, traballou na configuración dunha estratexia de cooperación conxunta na obtención de datos sobre peixes migradores para coñecer o estado de conservación das súas poboacións, as presións existentes que actúan sobre estas e prever futuros escenarios de cambio ante as alteracións climáticas e non climáticas no espazo do suroeste europeo. Para isto, púxose en marcha un Observatorio das poboacións de peixes migradores do Espazo SUDOE que vele pola súa conservación e recuperación.

Ao evento, de 16.45 a 20.30 horas, están invitados a participar os axentes sociais implicados na xestión e conservación dos peixes migradores: expertos, prensa especializada, grupos conservacionistas, asociacións de pescadores, axentes de turismo e público en xeral. Así mesmo, o mesmo venres 21 pola mañá tamén terá lugar a celebración dos comités Coordinador e Científico-Técnico para avaliar os obxectivos acadados.

Migranet, coordinado pola Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’, conta tamén coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal (CEER), o Institut National da Recherche Agronomique (INRA) de Francia, o Centro Interdisciplinario de Investigaçao Marinha e Ambiental da Universidade do Porto (CIIMAR) e, como asociado, o Aquamuseu do Rio Minho da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira. Para máis información sobre as actividades do proxecto, as persoas interesadas tamén poden visitar a páxina web http://www.migranet.org.es

Em decorrência de uma jornada, enquadrada no projecto europeu MIGRANET, aberto à participação e incorporação de propostas de entidades e pessoas implicadas na gestão e conservação dos peixes

Salmo salar Foto © Biopix: JC Schou

O Centro Interdisciplinario de Investigaçao Marinha e Ambiental (CIIMAR) da Universidade do Porto, en colaboração com o Aquamuseu do Rio Minho, organiza na próxima quinta-feira 29 de Novembro uma jornada de debate para a elaboração de um Documento Quadro de Gestão dos peixes migradores de Portugal-norte. Esta é uma iniciativa que se enquadra dentro do projecto Migranet, cofinanciado pelo Programa SUDOE através de fundos FEDER da União Europeia, para trabalhar na configuração de uma estratégia de cooperação conjunta na obtenção de dados sobre peixes migratórios.

Migranet permitirá conhecer o estado de conservação das populações destes peixes, as pressões existentes que actuam sobre elas e prever futuras mudanças de cenários perante as alterações climáticas e não climáticas no espaço do sudoeste europeu. Ademais, para atingir este objectivo, criou-se um Observatório das populações de peixes migratórios do espaço Sudoe que vele pela sua conservação e recuperação e pôs-se em marcha uma rede de controlo formada por vários rios de Portugal (Norte), Espanha (Galiza) e França (Aquitaine).

Presisamente, o objecto da jornada do próximo 29 de Novembro é transferir os resultados obtidos pelo Observatório depois de quase dois anos de funcionamento e reunir propostas para a elaboração de um Documento Quadro de Gestão e Conservação dos recursos que editar-se-á e entregará à administração pública competente. O encontro dirige-se a expertos, imprensa especializada, grupos ecologistas, associações de pescadores, agentes de turismo e todos aqueles agentes sociais implicados na gestão e conservação dos peixes migradores.

Programa

O encontro terá lugar em horário de 16:45 a 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira, com um programa no que discutir-se-ão temas relacionados com a gestão e conservação das populações de lampreia, enguia, sável e savelha, salmão e a forma migradora da truta comum do troço internacional do rio Minho.

Migranet

O projecto, coordenado pela Estação de Hidrobiolgía “Encoro do Con” da Universidade de Santiago de Compostela (Espanha), conta também com a colaboração como parceiros da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia (Espanha), a Fundação Centro de Estudos Euro-Regionais Galiza – Norte de Portugal (Espanha), o Institut National da Recherche Agronomique (INRA) da França e, como associado, o Aquamuseu do Rio Minho da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira.

Para mais informação sobre as atividades e resultados do projecto está disponível a página web: http://www.migranet.org.es

No transcurso dunha xornada, encadrada no proxecto europeo MIGRANET, aberto á participación e incorporación de propostas de entidades e persoas implicadas na xestión e conservación dos peixes migradores

A Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con da USC, organiza o vindeiro día 1 de decembro unha xornada de debate para a elaboración dun Documento Marco de Xestión dos peixes migradores de Galicia. Esta é unha iniciativa que se encadra dentro do proxecto Migranet, cofinanciado polo Programa SUDOE a través de fondos FEDER da Unión Europea, para traballar na configuración dunha estratexia de cooperación conxunta na obtención de datos a longo prazo sobre peixes migradores.

Migranet permitirá coñecer o estado de conservación das poboacións destes peixes, as presións existentes que actúan sobre estas e prever futuros escenarios de cambio ante as alteracións climáticas e non climáticas no espazo do suroeste europeo. Ademais, para acadar o seu obxectivo, creouse un Observatorio das poboacións de peixes migradores do espazo Sudoe co fin de contribuír a súa conservación e recuperación e púxose en marcha unha rede de control formada por varios ríos de Portugal (Norte), España (Galicia) e Francia (Aquitaine).

Xustamente, o obxecto da xornada do próximo 1 de decembro é transferir os resultados obtidos polo Observatorio tras case dous anos de funcionamento e compilar propostas para a elaboración dun Documento Marco de Xestión e Conservación dos recursos que se editará e entregará á administración pública competente. O encontro diríxese a expertos, prensa especializada, grupos conservacionistas, asociacións de pescadores, axentes de turismo e todos aqueles axentes sociais implicados na xestión e conservación dos peixes migradores.

Programa

A xornada celebrarase en horario de 10.00 a 13.00 horas na aula Magna da Facultade de Bioloxía de Santiago, cun programa no que se discutirán temas relacionados coa xestión e conservación das poboacións de salmón, reo, zamborcas, anguía e lamprea dos ríos de Galicia. Os temas a tratar estruturaranse en temáticas como a calidade da auga e obstáculos á circulación fluvial; avaliación das poboacións e patoloxías específicas; xestión e lexislación da pesca fluvial; comunicación, divulgación e educación.

Migranet

O proxecto, coordinado pola Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC, conta tamén coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal (CEER), o Institut National da Recherche Agronomique (INRA) de Francia, o Centro Interdisciplinario de Investigaçao Marinha e Ambiental da Universidade do Porto (CIIMAR) e, como asociado, o Aquamuseu do Rio Minho da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira.

Para máis información sobre as actividades do proxecto tamén pode visitarse a páxina web http://www.migranet.org.es.

A mostra poderase visitar no Auditorio Municipal de Valga do 8 ao 29 de novembro

A Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con da USC, en colaboración co concello de Valga, desenvolverá dende este xoves 8 ao 29 de novembro no Auditorio Municipal do Concello de Valga unha mostra de divulgación sobre a bioloxía dos peixes migradores de Galicia como o salmón, o reo, a lamprea, a anguía, o sábalo e a saboga. A inauguración celebrarase este xoves 8 ás 11:30 horas e nos días sucesivos os horarios de visitas serán de 09:00 a 13:00 e de 16:00 a 21:00 horas. A entrada será de balde, coa posibilidade de concertar visitas guiadas de grupos contactando no teléfono 986.565.640.

O proxecto MIGRANET, cofinanciado polo Programa SUDOE a través de fondos FEDER da Unión Europea, traballa na configuración dunha estratexia de cooperación conxunta na obtención de datos sobre peixes migradores que permita coñecer o estado de conservación das súas poboacións, as presións existentes que actúan sobre estas e prever futuros escenarios de cambio ante as alteracións climáticas e non climáticas no espazo do suroeste europeo. Para acadar este obxectivo, estase a por en marcha un Observatorio das poboacións de peixes migradores do Espazo SUDOE que vele pola súa conservación e recuperación.

O proxecto, coordinado pola Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’, conta tamén coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal (CEER), o Institut National da Recherche Agronomique (INRA) de Francia, o Centro Interdisciplinario de Investigaçao Marinha e Ambiental da Universidade do Porto (CIIMAR) e, como asociado, o Aquamuseu do Rio Minho da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira. Para máis información sobre as actividades do proxecto, as persoas interesadas tamén poden visitar a páxina web http://www.migranet.org.es.

Un grupo do Departamento de Botánica lidera un proxecto europeo para inventariar a biodiversidade vexetal transfronteiriza ameazada de Galicia e o Norte de Portugal. 

Santiago, martes 30 de outubro de 2012.- O grupo de investigación Biodiversidade e Conservación de Plantas Vasculares do Departamento de Botánica da USC que dirixe o profesor Santiago Ortiz e a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) comezarán a traballar conxuntamente no inventariado da biodiversidade vexetal transfronteiriza ameazada de Galicia e o Norte de Portugal. Trátase de desenvolver unha rede de microrreservas de flora segundo o modelo de custodia do territorio.

A iniciativa enmárcase no Proxecto Europeo de Cooperación Internacional BIODIV_GNP (Biodiversidade Vexetal Ameazada Galicia-Norte de Portugal. Coñecer, xestionar e implicar) orientado a promover a conservación en común da flora ameazada e no que participan investigadores e institucións de ambos os lados da raia, entre elas varias fundacións e universidades así como a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente. Cunha inversión de 654.684,57 euros, o BIODIV_GNP está cofinanciado con 491.013,43 euros polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 a través de fondos FEDER da Unión Europea.

Custodia privada respectuosa co medio.
A AGCT leva varios anos promovendo a xestión respectuosa de espazos de interese ambiental, establecendo acordos cos propietarios ou procurando o arrendamento ou mesmo a adquisición dos terreos. No proxecto BIODIV_GNP identificaranse aqueles lugares de maior importancia para a flora en perigo de extinción da zona e realizarase unha proposta de espazos que deberían gozar dalgún tipo de protección, en harmonía cos usos tradicionais.

O desenvolvemento da rede de microrreservas será levado a cabo pola asociación segundo o modelo de custodia privada. As microrreservas serán pequenas porcións de territorio con presenza significativa de especies en perigo e/ou de interese e con boa calidade de hábitat, sendo obxecto de medidas de conservación específicas definidas en común polos investigadores da USC e a AGCT. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, institución competente en materia de biodiversidade, avalará que as actividades a realizar sexan congruentes coa normativa vixente de conservación da natureza.

A experiencia da AGCT será contrastada coa de organizacións interesadas na custodia do territorio no norte de Portugal co obxectivo de crear unha rede galego-portuguesa de pequenos espazos de titularidade non gobernamental, nos que ademais da conservación directa, terá un papel importante a divulgación entre as comunidades locais da importancia de conservar a biodiversidade común actualmente en perigo.

Fonte: xornal.usc.es

Estuário do rio Minho

Estuário do rio Minho

Pessoal especializado explicará as características da biologia dos peixes migradores em itinerários guiados abertos e gratuitos no quadro do projecto MIGRANET

O Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental (CIIMAR) da Universidade do Porto, em colaboração com o Aquamuseu do Río Minho, organiza uma intervenção de voluntariado ambiental orientada a aumentar o grau de consciência social sobre a conservação dos peixes migradores e do seu habitat. Será realizada uma sessão, no dia 20 de Outubro, no rio Minho organizada dentro da programação de atividades do projecto europeu MIGRANET.

Realizar-se-ão itinerários guiados pelo estuário do rio Minho para conhecer mais de perto as problemáticas associadas à migração dos peixes, nomeadamente a pesca, os obstáculos, as zonas de postura e de repouso, a sua alimentação, etc. Para isso, facilitar-se-á aos participantes diverso material informativo.

A inscrição na actividade é gratuita, oferecendo uma opção de participação ambiental a todas as pessoas interessadas, com mais de 18 anos. A organização também facilitará o almoço e o transporte no estuário, bem como a abrangência de um seguro de responsabilidade civil para os participantes, pelo que esta iniciativa é um espaço idóneo para a educação, a comunicação e a acção sócio-ambiental directa.

MIGRANET, cofinanciado pelo Programa de Cooperação Territorial Europeia SUDOE através de fundos FEDER da União Europeia, tem por objectivo central configurar uma estratégia de cooperação conjunta na obtenção de dados sobre peixes migratórios que permita conhecer o estado de conservação das suas populações, as pressões existentes que actuam sobre elas e prever futuras mudanças de cenários perante as alterações climáticas e não climáticas no espaço do sudoeste europeu. Com o fim de atingir este objectivo, procedeuse à colocação em marcha dum Observatório das populações de peixes migratórios do espaço SUDOE que vele pela sua conservação e recuperação.

O projecto, coordenado pela Estação de Hidrobiolgía “Encoro do Con” da Universidade de Santiago de Compostela (Espanha), conta também com a colaboração de parceiros como a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia (Espanha), a Fundação Centro de Estudos Euro-Regionais Galiza – Norte de Portugal (Espanha), o Institut National da Recherche Agronomique (INRA) da França e, como associado, o Aquamuseu do Rio Minho (Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira).

Para mais informações sobre os formulários de inscrição e as actividades do projecto, as pessoas interessadas podem consultar a web: http://www.migranet.org.es  ou contactar o CIIMAR pelo telefone (+351) 223 401 800 ( e-mail cantunes@ciimar.up.pt) ou o Aquamuseu do Rio Minho pelo telefone (+351) 251708026 (e-mail aquamuseu@cm-vncerveira.pt)

Publicado por: ceercomunicaciencia | 28/08/2012

Segredo da resistência das asas dos insectos

Pormenor das asas do insecto

Estudo de investigadores do Trinity College, Dublin, publicado na «PLoS ONE»

As asas dos insectos são dez vezes mais finas do que um cabelo humano. O material de que são feitas – cutícula – é muito resistente, mas devido à sua pouca grossura poderia partir com facilidade. Uma equipa de investigação descobriu o segredo da resistência das asas: a rede de nervuras que as cobre.

Os cientistas responsáveis pelo estudo publicado agora na «PLoS ONE» fizeram pequenos cortes nas asas de gafanhotos e as fissuras propagaram-se com facilidade, mas só até à nervura seguinte. Como estas formam uma completa rede em toda a superfície das asas os danos não foram suficientes para as tornarem inúteis.

Se as nervuras fossem ainda mais numerosas, as asas seriam reforçadas mas o peso impediria a eficácia do vôo, isto porque estas são mais pesadas do que a cutícula. Formam, assim, uma malha que está no seu ponto ‘óptimo’ de leveza e resistência.

Os investigadores descobriram que existe uma distância crítica de poucos micrometros, a partir da qual uma fissura é demasiado grande e pode pôr em risco o rendimento das asas. As nervuras estão distribuídas aproximadamente a essas distâncias.

As asas estão, assim, optimizadas para serem o mais leves possíveis sem que a resistência seja sacrificada.

Artigo: Veins Improve Fracture Toughness of Insect Wings

Persoal especializado explicará as características da bioloxía dos peixes migradores en itinerarios guiados abertos e de balde

 A EHEC organiza os vindeiros 23 y 27 de xullo dúas intervencións de voluntariado coas que se pretende promover a participación en xornadas de actuación sobre presións locais significativas nos ríos Ulla e Umia de Galicia. Así mesmo, estas actuacións, previstas no marco do proxecto europeo MIGRANET, servirán para aumentar o grao de concienciación social sobre a conservación dos peixes migradores e do seu hábitat.

Así, realizaranse itinerarios guiados polos ríos Ulla e Umia para coñecer máis de preto a migración dos peixes, os obstáculos existentes, as zonas de desova e de repouso, a súa alimentación, etc. Para iso, facilitarase aos participantes diversos materiais educativos como pequenas guías para o traballo de campo.

A inscrición nas intervencións é gratuíta, ofrecendo unha opción de participación ambiental a todas as persoas interesadas maiores de 18 anos. A organización tamén facilitará a comida e o transporte así como a cobertura dun seguro de responsabilidade civil para os participantes, polo que esta iniciativa é un espazo idóneo para a educación, a comunicación e a acción socio-ambiental directa.

MIGRANET, cofinanciado polo Programa SUDOE a través de fondos FEDER da Unión Europea, ten por obxectivo central configurar unha estratexia de cooperación conxunta na obtención de datos sobre peixes migradores que permita coñecer o estado de conservación das súas poboacións, as presións existentes que actúan sobre estas e prever futuros escenarios de cambio ante as alteracións climáticas e non climáticas no espazo do suroeste europeo. Para acadar este obxectivo, estase a por en marcha un Observatorio das poboacións de peixes migradores do Espazo SUDOE que vele pola súa conservación e recuperación.

O proxecto, coordinado pola Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” da Universidade de Santiago de Compostela, conta tamén coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal (F. CEER), o Institut National da Recherche Agronomique (INRA) de Francia, o Centro Interdisciplinario de Investigaçao Marinha e Ambiental da Universidade do Porto (CIIMAR) e, como asociado, o Aquamuseu do Rio Minho da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira.

Para máis información sobre os formularios de inscrición e as actividades do proxecto se pode consultar a páxina web: http://www.migranet.org.es ou ben poñéndose en contacto coa Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” no teléfono 986 56 56 40 e e-mail: ehecusc@usc.es

Biólogos do Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva da Universidade da Coruña, da empresa de base tecnolóxica (spin-off) AllGenetics e do departamento de Biociencias da Universidade de Aarhus (Dinamarca) acaban facer público o descubrimento dunha nova especie de navalla, procedente da illa de Terranova, en Canadá.

A nova especie foi bautizada como Ensis terranovensis, despois de seren atopada na localidade de Long Pond, Conception Bay (Terranova). Este descubrimento enmárcase no proxecto colaborativo que os especialistas en xenética Joaquín Vierna, Ana M. González Tizón e Andrés Martínez Lage desenvolven co ecólogo mariño Kurt Thomas Jensen, da citada universidade danesa. O proxecto consistiu na realización dunha análise xenética das poboacións da navalla Ensis directus, o que permitiu detectar que a poboación analizada de Terranova é en realidade unha nova especie. Ensis directus é unha navalla nativa da costa leste de EEUU e Canadá que está invadindo a costa atlántica europea, atopándose actualmente desde o sur de Noruega ata Francia, con poboacións illadas en Gales e no golfo de Biscaia

Ler máis en: http://fceer.org/index.php?pid=noticias&detalle=1827

O documento foi encargado pola Consellería de Medio Ambiente e inclúe un centro de interpretación, o acondicionamento de rutas e un banco de especies ameazadas

Devesa da Rogueira

Un traballo codirixido polo catedrático de Produción Vexetal da Escola Politécnica Superior de Lugo Antonio Rigueiro e o profesor Manuel Antonio Rodríguez Guitián deu como resultado a elaboración das directrices estratéxicas de actuación para a Serra do Courel, de cara á súa próxima declaración como parque natural. “O obxectivo principal é xerarquizar os investimentos nesta área de cara á conservación dos valores naturais e o patrimonio cultural, ao tempo que se crea emprego, se frea o despoboamento e se incrementan as rendas e o nivel de vida dos habitantes”, explica Antonio Rigueiro. O traballo, encargado pola Consellería de Medio Ambiente, rematou hai unhas semanas e xa foi entregado ao goberno autonómico.

A declaración como parque natural da Serra do Courel é unha competencia da Xunta de Galicia, e todo parece indicar que esa é a intención a curto ou medio prazo. Segundo Antonio Rigueiro, “ estanse dando ou tense previsto dar pasos, prudentes e atinados ao noso entender, como a elaboración destas liñas prioritarias de actuación, medidas encamiñadas á concienciación e sensibilización dos veciños, o Plan Director da Rede Natura, a elaboración do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais da serra ou a análise da posible localización do centro de recepción de visitantes e interpretación”. A previsión dos responsables deste estudo, á vista do apoio da Administración e o acordo cos veciños da zona, é que a declaración se produza na vindeira lexislatura.

A conversión en parque natural traerá consigo a elaboración dunha zonificación na que se definirán, por exemplo, áreas prioritarias de conservación (onde están os principais valores naturais e nas que as limitacións de uso serán loxicamente maiores), zonas de uso restrinxido e zonas de uso moderado (con limitacións menores), e zonas de uso xeral, nas que se poderán realizar todas as actividades tradicionais.

Segundo Antonio Rigueiro, “haberá algunhas limitacións, pero tamén compensacións: maior número de visitantes (e máis demanda para os establecementos de turismo rural), máis investimentos (é por tanto máis emprego), posibles subvencións directas polas limitacións, lucro cesante polo impedimento de cambio de uso de terreos… Os veciños deben entender que a súa galiña dos ovos de ouro son os valores naturais, paisaxísticos e culturais da serra, e deben ser os primeiros interesados en conservalos”.

Unha contorna sen igual

A Serra do Courel é un espazo privilexiado, con paisaxes espectaculares e unha elevada diversidade biolóxica, e con outros importantes valores naturais: especies vexetais e animais ameazadas, árbores monumentais ou bosques senlleiros (como moitos soutos de castiñeiros, faiais, ripisilvas, aciñeirais relícticos e “bosques de bosques” ou devesas, como a da Rogueira, a máis coñecida), pero tamén atesoura un notable patrimonio cultural: castros, mámoas, minas e acuedutos romanos, sequeiros de castañas, vivendas rurais típicas, igrexas románicas, etnografía, etnobotánica…

Posiblemente unha das maiores ameazas sexa a evolución demográfica, o despoboamento e envellecemento da poboación que supón a desagrarización e o abandono das prácticas agrogandeiras. Isto pon en perigo ecosistemas, paisaxes e especies asociados á actividade humana. Os soutos están ameazados por doenzas (como a tinta e, sobre todo, o chancro) e polo abandono dos tratamentos necesarios para conservalos e mantelos nun bo estado, o que pon en perigo de desaparición o patrimonio xenético das variedades courelás.

Outras ameazas son os vertedoiros incontrolados, os incendios forestais, as canteiras e o excesivo número de visitantes a algunhas paraxes: “Nós pensamos que a declaración de parque natural será positiva para a conservación dos valores naturais, culturais e paisaxísticos da Serra do Courel, e tamén contribuirá a crear emprego na zona, fixar poboación e mellorar o nivel de vida dos habitantes”, indica Rigueiro.

Actuacións derivadas

O documento entregado á Xunta de Galicia polo equipo de traballo dirixido por Antonio Rigueiro e Manuel Antonio Rodríguez Guitián inclúe unha serie de actuacións concretas, entre as que destaca a creación dun centro de interpretación e recepción de visitantes do futuro parque e centros de información. Segundo Rigueiro, “a nosa proposta é que, se é posible, o centro de interpretación se localice na Estación Científica do Courel da USC, para optimizar recursos e aproveitar as sinerxías entre o centro de interpretación e a estación”.

Outras medidas recomendadas polo estudo son a realización de traballos como cartografía de hábitats, análise do estado de conservación das especies e das principais ameazas (propoñendo plans de conservación cando sexan necesarios), análise da capacidade de acollida de visitantes do espazo natural, efectos dos tratamentos culturais sobre os hábitats de matogueiras secas e bosques, determinación do estado sanitario dos bosques, selección de rodais de árbores para recollida de semente e multiplicación vexetativa para realizar plantacións con material xenético da zona e o estudo de alternativas para o sector primario (cogomelos, pequenos froitos, plantas medicinais, plantas industriais, mel, sistemas agroforestais, agricultura e gandería ecolóxicas…).

Tamén se propón a renovación de copas dos castiñeiros, a creación de novos soutos con variedades do Courel, o aproveitamento micolóxico nestes ecosistemas, a erradicación de plantas invasoras (como a mimosa), a prohibición de poñer en marcha novas canteiras ou parques eólicos, así como actuacións encamiñadas á conservación e mellora da paisaxe (eliminación de vertedoiros, recuperación de canteiras inactivas, escombreiras e minas abandonadas, reconversión dos piñeirais en masas mixtas con coníferas e frondosas…), especialmente na contorna do tramo do Camiño de Santiago que atravesa a serra.

O documento recolle aínda outras directrices, como o acondicionamento das rutas de sendeirismo existentes e a posta en funcionamento doutras novas (evitando as zonas prioritarias de conservación), o deseño e execución do museo etnográfico do Courel, a restauración de elementos singulares de carácter etnográfico (fontes, lavadoiros…) ou vinculados a actividades tradicionais (muíños, alvarizas, sequeiros, ouriceiras…), a instalación dunha rede de caracterización e monitorización de hábitats e especies e, finalmente, a creación dun banco de xermoplasma de especies vexetais ameazadas e de variedades de especies froiteiras locais e de castaña.

Fonte: xornal.usc.es

Older Posts »

Categorías