Publicado por: ceercomunicaciencia | 16/07/2012

CIENTÍFICOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA DESCUBREN UNHA NOVA ESPECIE PARA A CIENCIA

Biólogos do Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva da Universidade da Coruña, da empresa de base tecnolóxica (spin-off) AllGenetics e do departamento de Biociencias da Universidade de Aarhus (Dinamarca) acaban facer público o descubrimento dunha nova especie de navalla, procedente da illa de Terranova, en Canadá.

A nova especie foi bautizada como Ensis terranovensis, despois de seren atopada na localidade de Long Pond, Conception Bay (Terranova). Este descubrimento enmárcase no proxecto colaborativo que os especialistas en xenética Joaquín Vierna, Ana M. González Tizón e Andrés Martínez Lage desenvolven co ecólogo mariño Kurt Thomas Jensen, da citada universidade danesa. O proxecto consistiu na realización dunha análise xenética das poboacións da navalla Ensis directus, o que permitiu detectar que a poboación analizada de Terranova é en realidade unha nova especie. Ensis directus é unha navalla nativa da costa leste de EEUU e Canadá que está invadindo a costa atlántica europea, atopándose actualmente desde o sur de Noruega ata Francia, con poboacións illadas en Gales e no golfo de Biscaia

Ler máis en: http://fceer.org/index.php?pid=noticias&detalle=1827


Deixar un comentario

Categorías