Publicado por: ceercomunicaciencia | 18/12/2012

UN SEMINARIO DE DIFUSIÓN DE RESULTADOS CLAUSURA AS ACTIVIDADES DO PROXECTO EUROPEO MIGRANET SOBRE PEIXES MIGRADORES

A Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” da USC coordina o proxecto no que participan entidades de España, Francia e Portugal.                                                                                                                           

MIGRANET

Tras dous anos de funcionamento, o proxecto europeo Migranet chega ao seu fin presentando os resultados acadados nun seminario público o vindeiro venres 21 na Aula Magna da Facultade de Bioloxía da USC. O proxecto, cofinanciado polo Programa SUDOE a través de fondos FEDER da Unión Europea, traballou na configuración dunha estratexia de cooperación conxunta na obtención de datos sobre peixes migradores para coñecer o estado de conservación das súas poboacións, as presións existentes que actúan sobre estas e prever futuros escenarios de cambio ante as alteracións climáticas e non climáticas no espazo do suroeste europeo. Para isto, púxose en marcha un Observatorio das poboacións de peixes migradores do Espazo SUDOE que vele pola súa conservación e recuperación.

Ao evento, de 16.45 a 20.30 horas, están invitados a participar os axentes sociais implicados na xestión e conservación dos peixes migradores: expertos, prensa especializada, grupos conservacionistas, asociacións de pescadores, axentes de turismo e público en xeral. Así mesmo, o mesmo venres 21 pola mañá tamén terá lugar a celebración dos comités Coordinador e Científico-Técnico para avaliar os obxectivos acadados.

Migranet, coordinado pola Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’, conta tamén coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal (CEER), o Institut National da Recherche Agronomique (INRA) de Francia, o Centro Interdisciplinario de Investigaçao Marinha e Ambiental da Universidade do Porto (CIIMAR) e, como asociado, o Aquamuseu do Rio Minho da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira. Para máis información sobre as actividades do proxecto, as persoas interesadas tamén poden visitar a páxina web http://www.migranet.org.es

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: