Publicado por: ceercomunicaciencia | 05/07/2012

MÁIS CERCA DO BOSÓN DE HIGGS

Os experimentos ATLAS e CMS do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) acaban de confirmar a existencia do sinal dunha nova partícula de 126 gigaelectronvoltios (GeV), aproximadamente unhas 130 veces a masa do protón. Como explica o catedrático Bernardo Adeva, este sinal é compatible co bosón de Higgs do Modelo Estándar, teoría que describe as partículas fundamentais e as súas interaccións. Este novo dato coincide co sinalado por estes mesmos experimentos o pasado mes de decembro.

En referencia aos novos datos, o tamén docente compostelán e durante varios anos delegado científico de España no CERN, Carlos Pajares, subliña o valor científico dos novos achados como evidencia da capacidade que a colaboración internacional foi quen de alcanzar. Neste paso cara unha mellor comprensión da orixe do universo, Pajares destacou a importante achega dos investigadores da USC.

O bosón de Higgs é unha partícula elemental que se cre que ten un papel fundamental no mecanismo polo que se orixina a masa no universo e a única partícula predita polo Modelo Estándar que aínda non se descubriu. O achado sitúa as investigacións sobre a orixe da masa dos quarks no Gran Colisionador de Hadróns (LHC) “nun novo escenario, particularmente favorable para as perspectivas científícas do LHCb”, terceiro dos experimentos do Gran Colisionador –xunto a CMS e ATLAS– no que participa activamente a USC.

O próximo paso agora será dilucidar se a partícula observada é realmente o bosón de Higgs predito polo Modelo Estándar ou si se trata dun dos bosóns deste tipo que son tamén preditos polas teorías Supersimétricas. Como explica o profesor Adeva os datos presentados no CERN reforzan a opinión de numerosos físicos teóricos que apuntaban que a masa do suposto bosón de Higgs sería relativamente lixeira.

Máis información en: http://fceer.org/index.php?pid=noticias&detalle=1814

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: