Publicado por: ceercomunicaciencia | 24/01/2011

A ‘Ruta das Árbores’ do campus de Ourense, agora tamén dispoñible na rede e para visitas en grupo

A iniciativa enmárcase dentro do traballo de educación ambiental da OMA.

O itinerario amosa a riqueza botánica dos xardíns universitarios.

Os xardíns do campus de Ourense son especiais por dous motivos. Por un lado, ao estar integrados na cidade son empregados habitualmente por ourensáns para pasear e gozar da natureza. Por outro, contan con árbores moi interesantes desde o punto de vista botánico polo seu tamaño ou idade, pois algunhas delas son de principios do século XX. Para valorizar e dar a coñecer esta riqueza ás persoas que habitualmente pasean polos xardíns e aos demais ourensáns, a Oficina de Medio Ambiente (OMA) vén de publicar na súa web a Ruta da Árbores do campus e habilita a posibilidade de facer este percorrido nunha visita guiada.

“Un dos obxectivos da OMA é a educación ambiental e con estas dúas novas iniciativas pretendemos que a xente se achegue máis ao campus a coñecer as especies que temos e as súas características”, salienta David Taín, técnico da Oficina de Medio Ambiente do campus de Ourense. O seu departamento identificou no ano 2007 25 especies ornamentais nos xardíns universitarios, colocando unha ficha explicativa ao pé de cada unha e deseñando un percorrido entre elas que chamaron a Ruta das Árbores.

Visitas guiadas en grupo

Para dinamizar esta ruta a partir de agora o itinerario e toda a información necesaria para coñecer as especies existentes están dispoñibles e actualizados na web da Universidade de Vigo. A través das fichas de cada árbore, os interesados poden coñecer especies de case cen anos, como os cedros do Atlas, o Líbano e o Himalaia, ou especies como o abeto de Douglas, unha das árbores que alcanza maior altura no mundo. Ademais de árbores ornamentais de diferentes países, tamén se poden apreciar exemplares de especies típicas de Galicia, como o acivro, o loureiro ou o érbedo.

“Ademais de pór nas fichas a información básica de cada exemplar, como o seu nome, orixe, distribución, bioloxía e usos, fixemos fincapé en destacar información útil ou curiosa, para espertar a atención e interese da xente. Así por exemplo no caso da sobreira indicamos que en 1667 se descubriu na súa cortiza a estrutura celular dos seres vivos” explica o técnico da OMA.

Para os que despois de ver a ruta on-line se decidan a facela in situ, a OMA vén de habilitar tamén a posibilidade de solicitar unha visita guiada en grupo. Durante a visita persoal da Oficina de Medio Ambiente explicaralles aos participantes as características destas especies e a riqueza botánica da zona. A iniciativa está aberta a toda a sociedade, desde asociacións de veciños ata centros educativos e ourensáns en xeral. Para inscribirse hai que chamar ao teléfono 988 387 314 /988 387 314      ou escribir a omaou@uvigo.es

Mentres se dinamiza a Ruta das Árbores con estas dúas novas propostas, a OMA ultima a sinalización doutras 40 árbores que enriquezan este itinerario e que descubran os tesouros botánicos que agochan os xardíns universitarios ourensáns. Os xardíns do campus de Ourense son especiais por dous motivos. Por un lado, ao estar integrados na cidade son empregados habitualmente por ourensáns para pasear e gozar da natureza. Por outro, contan con árbores moi interesantes desde o punto de vista botánico polo seu tamaño ou idade, pois algunhas delas son de principios do século XX. Para valorizar e dar a coñecer esta riqueza ás persoas que habitualmente pasean polos xardíns e aos demais ourensáns, a Oficina de Medio Ambiente (OMA) vén de publicar na súa web a Ruta da Árbores do campus e habilita a posibilidade de facer este percorrido nunha visita guiada.

“Un dos obxectivos da OMA é a educación ambiental e con estas dúas novas iniciativas pretendemos que a xente se achegue máis ao campus a coñecer as especies que temos e as súas características”, salienta David Taín, técnico da Oficina de Medio Ambiente do campus de Ourense. O seu departamento identificou no ano 2007 25 especies ornamentais nos xardíns universitarios, colocando unha ficha explicativa ao pé de cada unha e deseñando un percorrido entre elas que chamaron a Ruta das Árbores.

Fonte: http://duvi.uvigo.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: