Este xoves pronuncia unha conferencia na Cidade da Cultura de Galicia e previamente se reúne no CIQUS con persoal investigador da USC.

O Nobel de Química en 2010, o xaponés afincado en Estados Unidos Ei-ichi Negishi, visita estes días Compostela para participar no Programa ConCiencia que, organizado pola USC e o Consorcio de Santiago e nesta ocasión en colaboración coa Cidade da Cultura de Galicia, chega á súa sétima edición convertido na acción de divulgación científica de máis impacto social de Galicia. O padriño de Negishi nesta visita é o profesor da USC Ricardo Riguera.

O programa de Negishi dará comezo este mércores 25 ás 10.45 horas cun encontro cos medios de comunicación na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Xa o xoves 26 se reunirá ás 11.00 co reitor no seu despacho e manterá, ás 12.00 horas no CIQUS, unha reunión científica co persoal investigador da USC.

O acto central será o propio xoves coa súa conferencia pública titulada ‘Catálise para un mundo próspero e sostible’, que terá lugar ás 20.00 horas na Cidade da Cultura.

Negishi

Ei-ichi Negishi (Xapón, 1935), da Universidade estadounidense de Purdue, acadou en 2010 o Nobel de Química por conseguir acoplamentos cruzados catalizados por paladio en síntese orgánica, o que permitiu o establecemento dunha nova arquitectura molecular, máis complexa, que mellorou moitos aspectos da vida, dende a agricultura á medicina.
Fonte: xornal.usc.es

A Rede Española Matemática-Industria presentou un catálogo dos servizos ofertados. 

Predición de tsunamis ou da sinistrabilidade futura para compañías de seguros, algún dos exemplos. 

A Rede Española Matemática-Industria, integrada por grupos de investigación de 18 universidades españolas e da que forman parte tres equipos de investigación da Universidade de Vigo, presentou este venres en Santiago de Compostela o catálogo de servizos que ofertan os grupos de investigación matemáticos ao eido empresarial. Tras ter participado en proxectos como a predición de tsunamis, a sinistrabilidade futura para compañías de seguros ou o comportamento de fornos para fundir silíceos, actualmente a rede conta cunha carteira de máis de 400 clientes dos máis variados sectores produtivos, tanto do sector empresarial privado como de administracións públicas.

Baixo o título Soluciones matemáticas para empresas innovadoras. Catálogo de servicios ofertados por investigadores españoles, “identifícase a oferta investigadora por sectores e a demanda empresarial de técnicas matemáticas, así como unha guía sobre a capacidade destas tecnoloxías para resolver problemas innovadores”, tal como subliñou na presentación a presidenta da rede, Peregrina Quintela, profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase, segundo expuxo a directora da rede, de achegar ás pequenas, medianas e grandes empresas “unha tecnoloxía con gran potencial, con persoal investigador moi cualificado e que non precisa grandes investimentos para o seu uso”.

Xunto a ela participaron na rolda de prensa o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla; os vicerreitores de Transferencia do Coñecemento da Universidade de Vigo, José Antonio Vilán Vilán, de Relacións Exteriores e Internacionalización da USC, Víctor Millet, e de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad; o catedrático da USC Alfredo Bermúdez de Castro; e o profesor da Universidade Rey Jaun Carlos, Laureano Escudero.

Ler máis en: http://fceer.org/index.php?pid=noticias&detalle=1696

Un artigo científico asinado polos catedráticos de electromagnetismo e de análise matemática da USC, Jorge Mira e Juan Nieto, e o investigador da Pompeu Fabra Luís Seoane acaba de ser elixido como un dos destacados de 2011 pola revista New Journal of Physics.

artigo ‘The importance of interlinguistic similarity and stable bilingualism when two languages compete’ fora xa idea do día do Physics arXiv Blog do Technology Review do MIT e destacado no resumo semanal da American Physical Society.
Fonte: xornal.usc.es
Publicado por: ceercomunicaciencia | 27/03/2012

As nanopartículas comezan a afectar á cadea trófica

A expansión do seu uso en produtos comestibles está a provocar danos en seres vivos. As nanopartículas son inseridas polos animais que logo non poden expulsalas. Os puntos negros da fotografía son as nanopartículas situadas nunha branquia dun peixe.

O investigador luso Mario E. Diniz explica no campus a influencia destes novos materiais na contorna.

Cada día máis as nanopartículas e os nanomateriais están presentes en produtos cos que nos relacionamos na vida cotiá. As nanopartículas de dióxido de titanio, por exemplo, son empregadas no leite para darlle a súa característica cor branca. Trátase de novos materiais que se incorporan á industria alimentaria e que polo tanto pasan a formar parte da cadea trófica e a ter influenza na contorna. O investigador luso Mario E. Diniz achegouse esta semana ao campus de Ourense para explicar na Facultade de Ciencias os efectos e toxicidade destas nanopartículas no medio ambiente e nos organismos vivos, especialmente nos mariños.

Docente e investigador da Universidade Nova de Lisboa, Mário E. Diniz, ofreceu esta semana na Facultade de Ciencias unha conferencia titulada Nanoparticles-toxicity to aquatic environments: effects of TiO2, no marco do Ciclo de Conferencias que organiza o centro, a asociación ECOUS e o Grupo Bioscope, grupo que co que colabora nos últimos anos. Tamén participou nasConferencias do Doutoramento en Ciencias e Tecnoloxía Agroalimentaria, financiadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Tendo en conta o proxecto estratéxico do Campus do Mar, o docente fixo fincapé durante as súas intervencións na nanotoxicoloxía mariña.

Unha mellor regulación

“En 2005 había 54 produtos consumibles que contiñan nanopartículas, en 2009 esta cifra ascendía a 1016. O uso destes novos materiais está crecendo exponencialmente nos últimos anos, polo que xa podemos ver a súa entrada na cadea trófica e a súa influencia na contorna”, salientou o docente. Estas nanopartículas, advertiu, unha vez presentes no medio ambiente vanse bioacumulando nos seres vivos e, ao non poder ser expulsadas de novo, van a provocar a longo prazo danos nas células dos afectados, danos que logo entran na cadea alimenticia e transmítense a outros seres vivos, incluído o humano.

Neste contexto e co auxe da ciencia nano, Mário E. Diniz asegurou que, a pesar de que a Unión Europea é a máis avanzada neste eido, “queda moito por facer en termos de lexislación e de regulación do uso de nanopartículas”. O docente advertiu de que existe unha gran laguna arredor do emprego de nanomateriais e que urxe a súa regulación para evitar que a súa expansión afecte negativamente ao seres vivos. Como exemplo das posibles consecuencias de non controlar a entrada destes materiais na cadea alimenticia, Mário E. Diniz apuntou aos efectos dos disruptores que descargan as estacións de tratamento de augas residuais no medio ambiente e que, entre outras cuestións, están a provocar a femininación de peixes macho.
Fonte: duvi.uvigo.es
Publicado por: ceercomunicaciencia | 20/03/2012

UMinho promove Semana da Epidemia de Ciência

Programa inclui laboratórios abertos, exposições, palestras em escolas e simpósio.

Trata-se de uma iniciativa de divulgação científica organizada pelo Instituto de Ciências da Vida e da Saúde (ICVS), dedicada à divulgação das temáticas das doenças infeciosas e microbiologia. As atividades, a decorrer na semana de 19 a 24 de março de 2012, incluem laboratórios abertos a alunos do ensino básico e secundário e palestras dadas por investigadores do ICVS em várias escolas do país.

Este ano, o Dia Mundial de Luta Contra a Tuberculose é assinalado com um simpósio-debate sobre esta doença, no dia 20 de março. O simpósio conta com a presença de investigadores e médicos nacionais e internacionais de renome e é organizado em colaboração com a Sociedade Portuguesa de Imunologia (SPI) e a Sociedade Portuguesa de Pneumologia (mais informações: http://www.spimunologia.org/; Programa do Simpósio).

Los desafíos ambientales del siglo XXI pasan por una gestión eficiente de los recursos naturales, en especial los energéticos. En el caso de los edificios universitarios esta explotación energética se concentra en la búsqueda de la excelencia en la gestión de las instalaciones, entendiendo como tales las eléctricas, calefacción, aire acondicionado, energías renovables o producción de energía mediante cogeneración; esta excelencia se busca en la propia explotación (personal, disminución de consumos, contratación de empresas mantenedoras, Empresas de Servicios Energéticos, actuaciones singulares…) como en la compra de energía en los mercados ordinarios (electricidad, gas natural, gasóleo…). En el II Congreso Interuniversitario de Mantenimiento Sostenible y Eficiencia Energética responsables y gestores energéticos de las diferentes universidades de España se reunieron con el fin de proponer un intercambio de conocimiento y exposición de actuaciones singulares.

Descarga as ponencias en: http://hdl.handle.net/10347/3719

A xornada é unha nova actividade do proxecto europeo MIGRANET de carácter gratuíto aberta a todas as persoas interesadas

A Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ organiza o vindeiro venres 24 a xornada ‘Novos Modelos de Xestión da Pesca Deportiva en Francia’, unha nova actividade do proxecto europeo Migranet. No desenvolvemento desta xornada, contarase coa presenza do coordinador do organismo de xestión da conca do río Adour na rexión de Aquitaine (Francia) François-Xavier Cuende.

Intercambiar experiencias sobre os novos modelos de xestión da pesca deportiva desenvolvidos en Francia é o obxectivo desta iniciativa na que ademais se informará sobre os obxectivos de Migranet, e máis concretamente sobre o proceso de creación dunha rede de control de peixes migradores no espazo do suroeste europeo e sobre a instalación de dispositivos de contaxe e captura destas especies.

O encontro do vindeiro venres dirixirano investigadores da Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC como coordinadores internacionais do proxecto e a inscrición será gratuíta. A participación no evento, que comezará ás 20.00 horas no Auditorio do hotel Los Abetos de San Lázaro en Santiago, está aberta a todas as persoas interesadas.

MIGRANET, cofinanciado polo Programa SUDOE a través de fondos FEDER da Unión Europea, ten por obxectivo central configurar unha estratexia de cooperación conxunta na obtención de datos sobre peixes migradores que permita coñecer o estado de conservación das súas poboacións, as presións existentes que actúan sobre estas e prever futuros escenarios de cambio ante as alteracións climáticas e non climáticas no espazo do suroeste europeo. Para alcanzar este obxectivo, estase a por en marcha un Observatorio das poboacións de peixes migradores do Espazo SUDOE que vele pola súa conservación e recuperación. Ademais, os datos obtidos polo observatorio serán utilizados para a elaboración dun Documento Marco de Xestión e Conservación dos recursos que incluirá propostas dos axentes socioeconómicos implicados.

Participan tamén no proxecto a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal, o Institut National da Recherche Agronomique (INRA) de Aquitaine en Francia, o Centro Interdisciplinario de Investigaçao Marinha e Ambiental da Universidade do Porto (CIIMAR) e, como asociado, o Aquamuseu do Rio Minho da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira.

Para máis información sobre as actividades e resultados do proxecto estás dispoñible a páxina web: http://www.migranet.org.es

Publicado por: ceercomunicaciencia | 07/02/2012

20º Concurso Jovens Cientistas e Investigadores

A Fundação da Juventude, em colaboração com a Ciência Viva, está a promover a 20ª Edição do Concurso Jovens Cientistas e Investigadores, o qual tem como objectivo promover a cooperação e do intercâmbio entre jovens cientistas e investigadores, e estimular o aparecimento de jovens talentos. Pretende-se, ainda, com este concurso atrair os jovens para carreiras profissionais ligadas à Ciência e à Tecnologia, à Investigação e ao Desenvolvimento.

O Concurso consiste na realização de projectos / trabalhos científicos inovadores, por alunos do ensino básico, secundário ou primeiro ano do ensino superior. A fase de inscrições já está a decorrer, contando com a participação em particular das Escolas, Clubes de Ciência, Associações ligadas à Investigação e ao Ambiente.

Trabalho de Investigação
Os trabalhos devem ser desenvolvidos numa das seguintes áreas de estudo: Biologia, Ciências da Terra, Ciências do Ambiente, Ciências Médicas, Ciências Sociais, Economia, Engenharia, Física, Informática/Ciências da Computação, Matemática e Química. Os melhores trabalhos serão seleccionados e posteriormente apresentados na Mostra de Ciência, que terá lugar no Museu da Electricidade, em Lisboa.

Candidaturas
Os estudantes devem ter entre 15 e 20 anos. Podem concorrer individualmente ou em grupo, no máximo de 3 elementos.

Prazos
As inscrições vão estar abertas até ao dia 20 de Abril, sendo realizadas somente por via electrónica no website oficial do concurso.

A VI Mostra Nacional de Ciência vai ter lugar em Lisboa, no Museu da Electricidade, de 31 de Maio a 2 Junho.

Prémios
Os Prémios são aliciantes, e os melhores trabalhos têm ainda a possibilidade de representar Portugal em diversos certames de carácter Europeu e Mundial.

Os prémios a atribuir aos alunos e projectos seleccionados são os seguintes:
1º Prémio – €1.500;
2º Prémio – €1.200;
3º Prémio – €1.000;
4º Prémio – €800;
5º Prémio – €600.

Serão também atribuídos os seguintes prémios especiais:

Prémio Especial “Energia” – €1.000, financiado pela Agência para a Energia;
Prémio Especial “Ciências Sociais” – €500 em edições e publicações (excepto manuais escolares), oferta da Porto Editora;
Prémio Especial “Professor Coordenador do 1º Prémio”- €400, de forma a gratificar o empenho e a dedicação no acompanhamento do trabalho, valorizando assim a experimentação e a investigação aplicada em processos educativos regulares.

A TMN vai, ainda, oferecer aos alunos e professor coordenador do 1º prémio telemóveis, e kits de brindes aos alunos premiados com o 2º, 3º, 4º e 5º prémios.

Edições anteriores

Edição 2011
Edição 2010
Edição 2009
Edição de 2008

Fonte: http://www.cienciaviva.pt

O Proxecto BIODIV_GNP ponse en marcha.

O proxecto BIODIV_GNP (“Biodiversidade Vexetal Ameazada Galicia-Norte de Portugal. Conocer, xestionar e implicar”), ten como obxectivo global inventariar a biodiversidade vexetal transfronteiriza ameazada de Galicia e o Norte de Portugal, definir os espazos transfronteirizos máis importantes para a conservación presente e futura e crear unha plataforma conxunta e permanente de xestión que inclúa e beneficie a cidadanía.

Os resultados que se esperan con este proxecto son saber onde está a nosa flora ameazada, que espacios transfronteirizos teñen que ser protexidos e que ferramentas de manexo son precisas, perseguindo unha implicación social e un desenvolvemento de iniciativas ambientalmente sostibles na fronteira.

O Parque Natural Aloia de Tui foi o escenario onde os beneficiarios do proxecto (Universidade de Santiago de Compostela -xefe de fila do proxecto-, Universidade do Porto, Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais, Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e a Fundação Fernão Magalhães para o Desenvolvimento) reuníronse onte, 10 de xaneiro, para planificar as distintas tarefas do Proxecto.

Cunha inversión de 654.684, 57 €, o BIODIV está cofinanciado con 491.013,43€ polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 a través de fondos FEDER da Unión Europea.

Dados de contacto:
Santiago Ortiz Núñez
Profesor Titular Doctor Departamento de Botánica
Departamento de Botánica. Facultade de Farmacia.
Universidade de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
e-mail santiago.ortiz@usc.es

Colaboran no seu desenvolvemento distintas entidades de Galicia, Francia e Portugal.

O proxecto europeo Migranet, que coordina a USC, celebra este martes 20 a terceira reunión transnacional dos Comités do proxecto para avanzar na consolidación dun observatorio de peixes migradores no suroeste de Europa.

No encontro revisaranse os diferentes grupos de tarefas a acometer no marco do proxecto, identificando o estado de cada un deles e establecendo solucións ás dificultades detectadas. De xeito máis inmediato se prevé a finalización de inventarios de hábitats e presións antrópicas, dun informe xeral que resuma as ameazas que afectan ás especies de peixes migradores e aos seus hábitats no suroeste europeo, así como dun protocolo estandarizado que estableza unha metodoloxía de estudo común. Así mesmo, analizarase o avance dos resultados do proxecto e as actuacións de futuro, programando as accións ata xuño de 2012.

A reunión dirixirana investigadores da Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC como coordinadores internacionais do proxecto e contará coa presenza de representantes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal, do Institut National de la Recherche Agronomique (INRA) de Francia, e do Centro Interdisciplinario de Investigaçao Marinha e Ambiental da Universidade do Porto (CIIMAR).

MIGRANET, cofinanciado polo Programa SUDOE a través de fondos FEDER da Unión Europea, ten por obxectivo central configurar unha estratexia de cooperación conxunta na obtención de datos sobre peixes migradores que permita coñecer o estado de conservación das súas poboacións, as presións existentes que actúan sobre estas e prever futuros escenarios de cambio ante as alteracións climáticas e non climáticas no espazo do suroeste europeo.

Para máis información sobre as actividades e resultados do proxecto pódese consultar a páxina web: http://www.migranet.org.es

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: