O Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica, Cartolab, realizará a VI edición do Curso de Introdución aos Sistemas de Información Xeográfica.
O curso desenvolverase, como é habitual, na Aula de Informática da ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña entre os días 16 e 20 do mes de xullo. O período de preinscrición comeza o 25 de xuño e finaliza o 3 de xullo.
O software que se empregará durante o curso é gvSIG. Unha das aplicacións SIG con maior proxección a nivel mundial.gvSIG é software libre e gratuíto polo que podes descargalo e empregalo sen ningún tipo de restrición ou custo.
axenda
VI edición
Data: 16 de xullo – 20 de xullo
Fonte: udc.es
Deixar unha resposta