O 2º Foro Nanovalor reunirá a expertos internacionais na procura de retos e oportunidades empresariais arredor da nanotecnoloxía
A Universidade de Santiago de Compostela, xunto a outros centros de investigación galegos e portugueses, organizan o vindeiro mes de xullo o 2º Foro Nanovalor sobre ‘Retos e oportunidades empresariais da Nanotecnoloxía’ co propósito fundamental de crear un espazo de debate sobre as posibilidades de negocio e transferencia á industria da Nanotecnoloxía.
É unha actividade enmarcada dentro do Proxecto NANOVALOR, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, cuxo obxectivo é a creación dun Polo de Competitividade para a promoción dun maior coñecemento das capacidades de institucións e empresas no ámbito da Nanotecnoloxía. Neste proxecto participan ademais da USC, entre outros, a Universidade do Porto, o International Iberian Nanotechnology Laboratory, a Universidade do Minho, FEUGA e AIMEN.Todas as persoas interesadas en participar deberán remitir o boletín de inscrición antes do 10 de Xullo de 2012 a proyectosinnovacion@feuga.es. O programa do Foro está dispoñible en web.
O futuro promete ser mais prospero com os investigadores ibericos no bom caminho. Para alem da comunicacao ja estabelecida facam chegar ao grande publico os resultados – se possivel em forma mais acessivel para nao entendidos.
By: antonio cristovao on 09/07/2012
at 7:43 am