Publicado por: ceercomunicaciencia | 21/05/2012

A necesaria ponte que vai do laboratorio á sociedade

Unhas xornadas de carácter gratuíto para todos os investigadores da USC expoñen da man de expertos de Harvard e Oxford, entre outros, experiencias para explotar a aplicabilidade social das investigacións.

A USC está a traballar no deseño e lanzamento dun programa propio de maduración dos resultados de investigación dos seus grupos. É unha iniciativa asentada noutros países do contorno europeo que a modo dun “acelerador de transferencia” busca potenciar o valor da investigación en termos de aplicabilidade. Para perfeccionar o seu desenvolvemento, a vindeira semana a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE), xunto coa incubadora de empresas da USC, Uninova, organizan unhas xornadas sobre ‘ Valorización de Resultados de Investigación: Proof of Concept’, que se celebrarán o vindeiro luns 21 na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. O reitor Juan Casares inaugurará o encontro nun acto ás 9.30 horas.

No encontro presentaranse un abano de iniciativas orientadas a madurar resultados do traballo investigador (coñecidos como ‘Proof of Concept’) co obxecto de facilitar o seu traslado ao contorno social e empresarial en forma de aplicacións concretas. A idea que subxace, explica o director da AVTE, José Luis Villaverde, é que ademais da dimensión académica e educativa dos resultados de investigación, estes “posúen tamén un valor engadido en termos de repercusión económica e social, o que significaría visualizar o traballo de laboratorio e o coñecemento nel xerado en forma de progreso tanxible cuantitativa e cualitativamente”.

Estas xornadas, de carácter gratuíto, son de interese para todos os investigadores e investigadoras da USC que están a obter resultados investigadores de calidade e polo tanto publicacións científicas ás que ademais do seu valor académico se lles procure agora un valor comercial ou social. As persoas que participen poderán coñecer de primeira man a experiencia que neste eido están a desenvolverse nas universidades de Harvard e Oxford, institucións que se atopan entre as dez primeiras do mundo en calidade da súa investigación. Representando a estas universidades intervirán Curtis T. Keith (Harvard) e Andrea Alunni (Oxford).

As intervencións estarán agrupadas arredor de tres bloques temáticos como son experiencias internacionais, o caso das universidades españolas e a relación entre fundacións e a maduración dos resultados. O programa diríxese a investigadores, responsables e técnicos de transferencia, responsables de políticas de transferencia e valorización e, en xeral, profesionais preocupados pola maduración de resultados de investigación.

Acelerador de transferencia
A USC incorporou no seu proxecto de Campus de Excelencia Internacional, Campus Vida, unha acción destinada a financiar proxectos que avancen na demostración do potencial comercial e utilidade dos resultados da investigación, posibilitando a captación de inversores e desenvolvedores que completen o proceso de transferencia. Deste xeito, a institución académica trata de ofrecer ferramentas que favorezan a transformación en impacto económico e social dos resultados da investigación desenvolvida nos laboratorios.

Algunhas das experiencias que se presentarán nesta xornadas, serviron de inspiración e referencia para o deseño e implementación deste novo programa na USC. A pretensión agora é compartir esta información con outros potenciais interesados/as para que poida constituír o punto de partida de novas iniciativas que contribúan a mellorar os procesos de transferencia de coñecemento.

Ligazóns relacionados:

http://imaisd.usc.es/ftp/oit/eventos/xornada_valorizacion_2012%29.pdf

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: