Publicado por: ceercomunicaciencia | 25/04/2012

O Nobel de Química en 2010, Ei-ichi Negishi, primeiro convidado do Programa ConCiencia deste ano

Este xoves pronuncia unha conferencia na Cidade da Cultura de Galicia e previamente se reúne no CIQUS con persoal investigador da USC.

O Nobel de Química en 2010, o xaponés afincado en Estados Unidos Ei-ichi Negishi, visita estes días Compostela para participar no Programa ConCiencia que, organizado pola USC e o Consorcio de Santiago e nesta ocasión en colaboración coa Cidade da Cultura de Galicia, chega á súa sétima edición convertido na acción de divulgación científica de máis impacto social de Galicia. O padriño de Negishi nesta visita é o profesor da USC Ricardo Riguera.

O programa de Negishi dará comezo este mércores 25 ás 10.45 horas cun encontro cos medios de comunicación na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Xa o xoves 26 se reunirá ás 11.00 co reitor no seu despacho e manterá, ás 12.00 horas no CIQUS, unha reunión científica co persoal investigador da USC.

O acto central será o propio xoves coa súa conferencia pública titulada ‘Catálise para un mundo próspero e sostible’, que terá lugar ás 20.00 horas na Cidade da Cultura.

Negishi

Ei-ichi Negishi (Xapón, 1935), da Universidade estadounidense de Purdue, acadou en 2010 o Nobel de Química por conseguir acoplamentos cruzados catalizados por paladio en síntese orgánica, o que permitiu o establecemento dunha nova arquitectura molecular, máis complexa, que mellorou moitos aspectos da vida, dende a agricultura á medicina.
Fonte: xornal.usc.es
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: