Publicado por: ceercomunicaciencia | 16/04/2012

As universidades españolas demostran a gran utilidade das matemáticas para as empresas

A Rede Española Matemática-Industria presentou un catálogo dos servizos ofertados. 

Predición de tsunamis ou da sinistrabilidade futura para compañías de seguros, algún dos exemplos. 

A Rede Española Matemática-Industria, integrada por grupos de investigación de 18 universidades españolas e da que forman parte tres equipos de investigación da Universidade de Vigo, presentou este venres en Santiago de Compostela o catálogo de servizos que ofertan os grupos de investigación matemáticos ao eido empresarial. Tras ter participado en proxectos como a predición de tsunamis, a sinistrabilidade futura para compañías de seguros ou o comportamento de fornos para fundir silíceos, actualmente a rede conta cunha carteira de máis de 400 clientes dos máis variados sectores produtivos, tanto do sector empresarial privado como de administracións públicas.

Baixo o título Soluciones matemáticas para empresas innovadoras. Catálogo de servicios ofertados por investigadores españoles, “identifícase a oferta investigadora por sectores e a demanda empresarial de técnicas matemáticas, así como unha guía sobre a capacidade destas tecnoloxías para resolver problemas innovadores”, tal como subliñou na presentación a presidenta da rede, Peregrina Quintela, profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase, segundo expuxo a directora da rede, de achegar ás pequenas, medianas e grandes empresas “unha tecnoloxía con gran potencial, con persoal investigador moi cualificado e que non precisa grandes investimentos para o seu uso”.

Xunto a ela participaron na rolda de prensa o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla; os vicerreitores de Transferencia do Coñecemento da Universidade de Vigo, José Antonio Vilán Vilán, de Relacións Exteriores e Internacionalización da USC, Víctor Millet, e de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad; o catedrático da USC Alfredo Bermúdez de Castro; e o profesor da Universidade Rey Jaun Carlos, Laureano Escudero.

Ler máis en: http://fceer.org/index.php?pid=noticias&detalle=1696

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: