Publicado por: ceercomunicaciencia | 27/03/2012

As nanopartículas comezan a afectar á cadea trófica

A expansión do seu uso en produtos comestibles está a provocar danos en seres vivos. As nanopartículas son inseridas polos animais que logo non poden expulsalas. Os puntos negros da fotografía son as nanopartículas situadas nunha branquia dun peixe.

O investigador luso Mario E. Diniz explica no campus a influencia destes novos materiais na contorna.

Cada día máis as nanopartículas e os nanomateriais están presentes en produtos cos que nos relacionamos na vida cotiá. As nanopartículas de dióxido de titanio, por exemplo, son empregadas no leite para darlle a súa característica cor branca. Trátase de novos materiais que se incorporan á industria alimentaria e que polo tanto pasan a formar parte da cadea trófica e a ter influenza na contorna. O investigador luso Mario E. Diniz achegouse esta semana ao campus de Ourense para explicar na Facultade de Ciencias os efectos e toxicidade destas nanopartículas no medio ambiente e nos organismos vivos, especialmente nos mariños.

Docente e investigador da Universidade Nova de Lisboa, Mário E. Diniz, ofreceu esta semana na Facultade de Ciencias unha conferencia titulada Nanoparticles-toxicity to aquatic environments: effects of TiO2, no marco do Ciclo de Conferencias que organiza o centro, a asociación ECOUS e o Grupo Bioscope, grupo que co que colabora nos últimos anos. Tamén participou nasConferencias do Doutoramento en Ciencias e Tecnoloxía Agroalimentaria, financiadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Tendo en conta o proxecto estratéxico do Campus do Mar, o docente fixo fincapé durante as súas intervencións na nanotoxicoloxía mariña.

Unha mellor regulación

“En 2005 había 54 produtos consumibles que contiñan nanopartículas, en 2009 esta cifra ascendía a 1016. O uso destes novos materiais está crecendo exponencialmente nos últimos anos, polo que xa podemos ver a súa entrada na cadea trófica e a súa influencia na contorna”, salientou o docente. Estas nanopartículas, advertiu, unha vez presentes no medio ambiente vanse bioacumulando nos seres vivos e, ao non poder ser expulsadas de novo, van a provocar a longo prazo danos nas células dos afectados, danos que logo entran na cadea alimenticia e transmítense a outros seres vivos, incluído o humano.

Neste contexto e co auxe da ciencia nano, Mário E. Diniz asegurou que, a pesar de que a Unión Europea é a máis avanzada neste eido, “queda moito por facer en termos de lexislación e de regulación do uso de nanopartículas”. O docente advertiu de que existe unha gran laguna arredor do emprego de nanomateriais e que urxe a súa regulación para evitar que a súa expansión afecte negativamente ao seres vivos. Como exemplo das posibles consecuencias de non controlar a entrada destes materiais na cadea alimenticia, Mário E. Diniz apuntou aos efectos dos disruptores que descargan as estacións de tratamento de augas residuais no medio ambiente e que, entre outras cuestións, están a provocar a femininación de peixes macho.
Fonte: duvi.uvigo.es
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: