Publicado por: ceercomunicaciencia | 24/01/2012

BIODIVERSIDADE VEXETAL AMEAZADA GALICIA-NORTE DE PORTUGAL. CONOCER, XESTIONAR E IMPLICAR

O Proxecto BIODIV_GNP ponse en marcha.

O proxecto BIODIV_GNP (“Biodiversidade Vexetal Ameazada Galicia-Norte de Portugal. Conocer, xestionar e implicar”), ten como obxectivo global inventariar a biodiversidade vexetal transfronteiriza ameazada de Galicia e o Norte de Portugal, definir os espazos transfronteirizos máis importantes para a conservación presente e futura e crear unha plataforma conxunta e permanente de xestión que inclúa e beneficie a cidadanía.

Os resultados que se esperan con este proxecto son saber onde está a nosa flora ameazada, que espacios transfronteirizos teñen que ser protexidos e que ferramentas de manexo son precisas, perseguindo unha implicación social e un desenvolvemento de iniciativas ambientalmente sostibles na fronteira.

O Parque Natural Aloia de Tui foi o escenario onde os beneficiarios do proxecto (Universidade de Santiago de Compostela -xefe de fila do proxecto-, Universidade do Porto, Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais, Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e a Fundação Fernão Magalhães para o Desenvolvimento) reuníronse onte, 10 de xaneiro, para planificar as distintas tarefas do Proxecto.

Cunha inversión de 654.684, 57 €, o BIODIV está cofinanciado con 491.013,43€ polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 a través de fondos FEDER da Unión Europea.

Dados de contacto:
Santiago Ortiz Núñez
Profesor Titular Doctor Departamento de Botánica
Departamento de Botánica. Facultade de Farmacia.
Universidade de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
e-mail santiago.ortiz@usc.es

Advertisements

Responses

  1. E uma alegria ver o espirito iberico a realizar obra. Muito sucesso.

  2. Muito obrigados, António!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: