Publicado por: ceercomunicaciencia | 19/12/2011

O proxecto europeo Migranet avanza na creación dun observatorio de peixes migradores no suroeste europeo

Colaboran no seu desenvolvemento distintas entidades de Galicia, Francia e Portugal.

O proxecto europeo Migranet, que coordina a USC, celebra este martes 20 a terceira reunión transnacional dos Comités do proxecto para avanzar na consolidación dun observatorio de peixes migradores no suroeste de Europa.

No encontro revisaranse os diferentes grupos de tarefas a acometer no marco do proxecto, identificando o estado de cada un deles e establecendo solucións ás dificultades detectadas. De xeito máis inmediato se prevé a finalización de inventarios de hábitats e presións antrópicas, dun informe xeral que resuma as ameazas que afectan ás especies de peixes migradores e aos seus hábitats no suroeste europeo, así como dun protocolo estandarizado que estableza unha metodoloxía de estudo común. Así mesmo, analizarase o avance dos resultados do proxecto e as actuacións de futuro, programando as accións ata xuño de 2012.

A reunión dirixirana investigadores da Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC como coordinadores internacionais do proxecto e contará coa presenza de representantes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal, do Institut National de la Recherche Agronomique (INRA) de Francia, e do Centro Interdisciplinario de Investigaçao Marinha e Ambiental da Universidade do Porto (CIIMAR).

MIGRANET, cofinanciado polo Programa SUDOE a través de fondos FEDER da Unión Europea, ten por obxectivo central configurar unha estratexia de cooperación conxunta na obtención de datos sobre peixes migradores que permita coñecer o estado de conservación das súas poboacións, as presións existentes que actúan sobre estas e prever futuros escenarios de cambio ante as alteracións climáticas e non climáticas no espazo do suroeste europeo.

Para máis información sobre as actividades e resultados do proxecto pódese consultar a páxina web: http://www.migranet.org.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: