Publicado por: ceercomunicaciencia | 28/11/2011

Máis de medio millar de escolares de Santiago e a súa comarca se achegaron á Química a través das visitas ao CIQUS


O reitor e o conselleiro de Educación clausuraron esta iniciativa organizada co gallo do Ano Internacional da Química e que tamén estaba aberta a todas as persoas interesadas.

Ao longo de tres días, o Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) mantivo as súas portas aberta ao público interesado e a preto de 600 escolares de Santiago e a súa comarca. O obxectivo desta iniciativa era transmitir unha visión actual da química e a importancia desta ciencia no desenvolvemento científico e tecnolóxico global, así como a oferta académica da química na USC. Baixo a denominación de ‘Achégate á Química’, esta é unha acción organizada polo propio CIQUS e a Facultade de Química co gallo do Ano Internacional da Química en 2011.

As xornadas quedaron oficialmente clausuradas este venres nun acto que contou coa asistencia do reitor Juan Casares e do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, aos que acompañaron o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González; o decano da Facultade de Química, Ramón Estévez Cabanas; e a directora do CIQUS, Dolores Pérez Meirás. Non obstante, as persoas interesadas terán unha última oportunidade de achegarse ás particularidades da Química este venres 25, en horario de 18.00 a 22.30 horas.

Un grupo de escolares do IES Pontepedriña puxo o broche ao programa de visitas, que se suman ás sesións de portas abertas nas que nestes tres días “asistentes de todas as idades se entusiasmaron cos experimentos e demostracións exhibidas”, sinala a directora do CIQUS Dolores Pérez. Sinalou ademais que os experimentos e demostracións exhibidas permitiron interesar a un público amplo e heteroxéneo por coñecer máis de preto as particularidades da Química e as súas contribucións ao desenvolvemento global, obxectivo principal do Ano Internacional da Química que se celebra en todo o mundo durante 2011.
As actividades coas que se atoparon os visitantes estaban deseñadas para que calquera persoa, teña ou non coñecementos científicos, poida atopalas interesante e incluso sorprendente”.

Fonte: xornal.usc.es

Advertisements

Responses

  1. iniciativa que vai ficar gravado na mente de alguns duma forma duradoura.Parabens


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: