Publicado por: ceercomunicaciencia | 07/11/2011

O PROXECTO EUROPEO MIGRANET ORGANIZA UN CURSO SOBRE MOSTRAXES DE INVERTEBRADOS E MICROALGAS

Especialistas europeos en peixes migradores perfeccionan coñecementos para a mostraxe de invertebrados e microalgas na Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con”

Investigadores do sudoeste europeo danse cita ata o mércores 9 nas instalacións da Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con da USC para perfeccionar coñecementos na mostraxe de macrozoobentos (invertebrados) e Diatomeas (microalgas). O encontro ten lugar arredor do curso teórico e práctico ‘Métodos de mostraxe e identificación de macro e fitobentos’, unha acción formativa do proxecto MIGRANET dirixida aos grupos de traballo do propio proxecto, integrados por persoal de diversas entidades de Galicia, Francia e Portugal.

Ademais, este mesmo mes de novembro, impartirase un último curso complementario a este no norte de Portugal dirixido polo Centro Interdisciplinario de Investigaçao Marinha e Ambiental da Universidade do Porto (CIIMAR).

O proxecto MIGRANET, cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg IV B – SUDOE con fondos FEDER, está liderado pola Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC que dirixe o profesor Fernando Cobo Gradín. O seu obxectivo principal é configurar unha estratexia de cooperación conxunta na obtención de datos sobre peixes migradores que permita coñecer o estado de conservación das súas poboacións, as presións existentes que actúan sobre estas e prever futuros escenarios de cambio ante as alteracións climáticas e non climáticas no espazo do sudoeste europeo. Para isto, estase traballando na posta en marcha dun observatorio das poboacións de peixes migradores no espazo do sudoeste europeo.


Ademais das entidades xa mencionadas, tamén participan en MIGRANET o Institut National de la Recherche Agronomique (INRA) de Francia, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal, e como asociado o Aquamuseu do río Minho da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira. Para máis información sobre os cursos e os seus contidos así como sobre as actividades e resultados do proxecto pódese consultar a páxina web: http://www.migranet.org.es.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: