Publicado por: ceercomunicaciencia | 24/05/2011

Vivindo ‘Entre moléculas’ na Facultade de Química da UVigo

A exposición estará aberta ata final de curso.

A actividade enmárcase nas actividades do Ano Internacional da Química.

Queiramos ou non queiramos, gústenos máis ou menos, disciplinas coma a química están presentes no noso día a día moito máis do que poidamos pensar. Co fin de amosar o importante labor desta ciencia na nosa vida cotiá e ao abeiro das actividades que se levan a cabo no marco do Ano Internacional da Química, o Edificio de Ciencias Experimentais acolle a exposición Entre moléculas, situada no vestíbulo principal de acceso á Facultade de Química. A mostra está dirixida a todos os públicos, tanto da Universidade como alleos a mesma, co fin de achegar esta ciencia a toda a cidadanía.

A exposición divídese en tres bloques temáticos que narran de forma gráfica e visual a evolución e a relevancia desta ciencia. O primeiro e o segundo dos bloques de paneis fan unha aproximación á química como disciplina importante para o conxunto da ciencia, partindo da propia definición e facendo un breve percorrido sobre as achegas realizadas por investigadores de renome coma Marie Curie, Robert Boyle ou Antoine-Laurent de Lavoisier. O terceiro e último conxunto de láminas fai referencia a temas máis próximos ao público, como pode ser a saúde ou a alimentación, establecendo relacións entre os avances ao respecto e as investigacións realizadas nos laboratorios españois.

A mostra, que estará aberta ao público ata finais de curso, está organizada polo Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, tendo a Bernardo Erradón, profesor e membro do devandito organismo, como comisario científico. Como recalca Beatriz Iglesias, secretaria da facultade, “a exposición está feita a base das mostras que o CSIC cedeu á Universidade. Nós tan só imprimimos as láminas e mostramos ao público no formato adecuado co fin de amosar, de forma didáctica e amena, a disciplina das moléculas”.

Unha exposición para todos os públicos

O Ano Internacional da Química ten por obxectivo achegar esta disciplina á cidadanía, facéndoa consciente do seu importante labor contributivo ao benestar social. Destácanse especialmente as achegas á investigación de temas tan cotiás e esenciais para a humanidade coma a potabilización da auga, os recursos naturais ou a enerxía, que axudan a vivir nun entorno máis saudable e sostible.

A mostra, dirixida a toda a poboación, presta especial atención aos estudantes dos diferentes ciclos de secundaria de todos os institutos e colexios da zona, que poden apreciar de primeira man o lado “divertido” e “humano” desta ciencia.

Fonte: http://duvi.uvigo.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: