Publicado por: ceercomunicaciencia | 28/03/2011

Unha hipótese formulada hai 60 anos atopa respostas na Universidade de Vigo

Confirman a existencia de canles de dobre dominio de poro nas neuronas do sistema nervioso simpático.

O descubrimento dun grupo de Bioloxía podería valer para crear fármacos que axuden en cardiopatías ou depresións.

1.000.000.000.000. Ese é o número de neuronas que se estima que temos, máis que estrelas na nosa galaxia, e todas cunha personalidade propia: dependendo do tipo de proteína que teñen as súas membranas, o seu comportamento é un ou outro, incluso chegando a constituír unha sorte de clan familiar. Dende os anos 50, os expertos deron por válido que cada unha desas neuronas funcionaba “como unha pequena pila”, cunha diferenza de voltaxe de entre 80 e 100 milivoltios que empregan para enviar información e que se consegue a través de canles de dobre dominio de poro, membranas con pequenos buratos selectivos que deixan pasar só determinadas substancias. Agora, dez anos despois de corroborar esa hipótese, un grupo de investigadores da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo vén de descubrir que ese tipo de canles danse no sistema nervioso simpático, aquel que regula a actividade inconsciente do corpo, como a frecuencia cardíaca ou a respiración. “A importancia é que engadimos estas canles a todo o sistema nervioso”, recoñece José Antonio Lamas, investigador principal.

Os investigadores partiron da base de que hai un xene que expresa as proteínas, clonadas e secuenciadas dentro dunha lista de aminoácidos, para estudar a través dun achegamento tecnolóxico importante os canles da familia TREK, centrados na entrada e saída de potasio da célula. “Xunto con técnicas electrofisiolóxicas, utilizamos inmunocitoquímica ou outras de real time para desglosar cantas canles hai e que porcentaxe ocupan na neurona. Incluso chegamos a rexistrar a actividade dunha canle de xeito individual. É un traballo multidisciplinar e moi complexo dende o punto de vista técnico”, asegura Lamas.

As implicacións do descubrimento, todas relacionadas co sistema nervioso autónomo e sempre a longo prazo pasan porque podería axudar a xerar novos fármacos que regulen a actividade cardíaca ou a mellorar os xa existentes, “xa que todos os que hai están dirixidos a modular as canles de calcio”. Tamén se poderían obter substancias que axuden en problemas de trastorno do comportamento, como as depresións. Para proba, un rato: distintos experimentos amosan que cando se lles quita aos ratos algunha das canles TREK son “coma superheroes, inasequibles ao desalento”, mentres que o resto de individuos da proba en condicións de estrés aprenden moi mal.

Os resultados, publicados na Journal of Neuroscience

Este descubrimento é o resultado de anos de traballo, gran parte para a tese de doutoramento que Alba Cadaveira, sobre a que pesa a maior parte dos estudos de campo da investigación. Agora, os resultados aparecen publicados pola prestixiosa revista Journal of Neuroscience no que é o primeiro artigo que traslada a importancia destas canles ao sistema nervioso autónomo. Isto supón o “recoñecemento ao esforzo” para sacar adiante un estudo multidisciplinar no que tamén colaboraron Sandro Ribeiro, Antonio Reboreda e Montse Pérez, unha especialista en xenética que permitiu ampliar a visión da investigación. “Temos todo o sistema nervioso cheo de canles deste tipo, pero queda unha chea de traballo para ver se iso ten algún beneficio exportable á sociedade ou só queda en teoría que nos permita coñecer como funciona o corpo humano. Pero só poder publicar xa é gratificante”, comenta José Antonio Lamas.

O grupo participa nestes intres na Spanish Ion Channel Initiative, do proxecto de investigación ‘Consolider’, no que colaboran con outros 26 equipos de investigadores de toda España en temas de canles iónicas e que está financiado con seis millóns de euros en total. Coa gran repercusión do primeiro artigo aínda no ambiente, agora o equipo xa está a investigar o sistema parasimpático, que afecta a células motoras, non sensoriales, un traballo arduo e complexo. “Unha neurona que xa non estea moi operativa recibe información doutras 20.000, polo que a cantidade de contactos é brutal. Hai que mentalizarse: nunca saberemos como funciona o sistema nervioso do mesmo xeito que sabemos como funciona un corazón”, subliña Lamas. 1.000.000.000.000. Ese é o número de neuronas que se estima que temos, máis que estrelas na nosa galaxia, e todas cunha personalidade propia: dependendo do tipo de proteína que teñen as súas membranas, o seu comportamento é un ou outro, incluso chegando a constituír unha sorte de clan familiar. Dende os anos 50, os expertos deron por válido que cada unha desas neuronas funcionaba “como unha pequena pila”, cunha diferenza de voltaxe de entre 80 e 100 milivoltios que empregan para enviar información e que se consegue a través de canles de dobre dominio de poro, membranas con pequenos buratos selectivos que deixan pasar só determinadas substancias. Agora, dez anos despois de corroborar esa hipótese, un grupo de investigadores da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo vén de descubrir que ese tipo de canles danse no sistema nervioso simpático, aquel que regula a actividade inconsciente do corpo, como a frecuencia cardíaca ou a respiración. “A importancia é que engadimos estas canles a todo o sistema nervioso”, recoñece José Antonio Lamas, investigador principal.

Os investigadores partiron da base de que hai un xene que expresa as proteínas, clonadas e secuenciadas dentro dunha lista de aminoácidos, para estudar a través dun achegamento tecnolóxico importante os canles da familia TREK, centrados na entrada e saída de potasio da célula. “Xunto con técnicas electrofisiolóxicas, utilizamos inmunocitoquímica ou outras de real time para desglosar cantas canles hai e que porcentaxe ocupan na neurona. Incluso chegamos a rexistrar a actividade dunha canle de xeito individual. É un traballo multidisciplinar e moi complexo dende o punto de vista técnico”, asegura Lamas.

As implicacións do descubrimento, todas relacionadas co sistema nervioso autónomo e sempre a longo prazo pasan porque podería axudar a xerar novos fármacos que regulen a actividade cardíaca ou a mellorar os xa existentes, “xa que todos os que hai están dirixidos a modular as canles de calcio”. Tamén se poderían obter substancias que axuden en problemas de trastorno do comportamento, como as depresións. Para proba, un rato: distintos experimentos amosan que cando se lles quita aos ratos algunha das canles TREK son “coma superheroes, inasequibles ao desalento”, mentres que o resto de individuos da proba en condicións de estrés aprenden moi mal.

O grupo participa nestes intres na Spanish Ion Channel Initiative, do proxecto de investigación ‘Consolider’, no que colaboran con outros 26 equipos de investigadores de toda España en temas de canles iónicas e que está financiado con seis millóns de euros en total. Coa gran repercusión do primeiro artigo aínda no ambiente, agora o equipo xa está a investigar o sistema parasimpático, que afecta a células motoras, non sensoriales, un traballo arduo e complexo. “Unha neurona que xa non estea moi operativa recibe información doutras 20.000, polo que a cantidade de contactos é brutal. Hai que mentalizarse: nunca saberemos como funciona o sistema nervioso do mesmo xeito que sabemos como funciona un corazón”, subliña Lamas.

Fonte: http://duvi.uvigo.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: