Publicado por: ceercomunicaciencia | 22/03/2011

Estudantes de dez institutos de Bacharelato de Galicia familiarízanse coa Física de Partículas

Corenta rapaces participan durante este luns nas actividades organizadas pola USC en colaboración coa Sociedade Europea de Física e a Organización Europea para a Investigación Nuclear

Un total de corenta estudantes procedentes de dez institutos de Bacharelato de Galicia participan durante este luns nun xornada de actividades relacionadas coa física de partículas. A ‘ masterclass’ consiste nunha serie de conferencias, ademais dunha práctica por ordenador realizada en grupo, os resultados da cal serán discutidos mediante videoconferencia con outros centros europeos que organizan de xeito simultáneo unha xornada idéntica. Concretamente, nesta ocasión conectarase con Uppsala (Suecia), París, Praga e Berlín.

  A ‘masterclass’ está organizada polo departamento de Física de Partículas da USC en colaboración coa Sociedade Europea de Física de Partículas e a Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), e coordinada polos profesores Carlos Pajares Vales, Carlos Salgado López e Jaime Álvarez Muñiz. Baixo lema ‘Física de partículas coas mans’ preténdese achegar aos mozos á ciencia, explicándolles conceptos básicos desta disciplina e o funcionamento do acelerador de partículas LHC (Large Hadron Collider) do CERN e os seus detectores. Os estudantes realizarán tamén unha actividade práctica consistente na análise de eventos reais observados no detector ATLAS do CERN, e participarán nun simulacro completo do día a día dun físico experimental de altas enerxías.

  A xornada desenvólvese ao longo de toda a xornada do luns 21, con conferencias pola mañá e a realización da práctica e posta en común e conexión co CERN durante a tarde.

  Para máis información sobre a actividade pode consultarse o enlace web http://fpaxp1.usc.es/~masterclass/.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: