Publicado por: ceercomunicaciencia | 17/03/2011

A Aula de Interpretación da Natureza do Courel entra en funcionamento na Estación Científica

Un convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e a USC permitirá desenvolver actividades enfocadas á formación e ao turismo.

 A Estación Científica do Courel, pertencente á USC e emprazada en Seoane, acolle dende este mércores 16 de marzo a Aula de Interpretación da Natureza do Courel, impulsada pola Deputación de Lugo. O centro está pensado para fomentar e promocionar o patrimonio e a natureza desta serra luguesa. Ao acto inaugural, presidido polo presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acudiron o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón e o vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación, Pablo Ramil, ademais do director da Estación, Javier Guitián.

A Aula

Este centro foi creado a través dun convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago e a Deputación de Lugo co obxectivo de complementar o labor do centro interpretativo da localidade de Moreda. A aula conta con material divulgativo e será sede de diversas actividades de información, educación e sensibilización medioambiental, proxeccións audiovisuais ou exposicións temáticas. Todas estas iniciativas, segundo apuntan dende a Deputación, estarán dirixidas especialmente aos escolares e visitantes, así como ao público en xeral  para darlles a coñecer os contidos naturais e patrimoniais do Courel, convertendo ao mesmo tempo ao centro nun punto de referencia turística.

O equipamento tecnolóxico da aula está formado por dez ordenadores de sobremesa, un portátil, conexión a Internet wifi, unha pantalla plana para a proxección de vídeos e un equipo multimedia. O horario de atención ó público será  de martes a sábado entre as 10:30 horas e as 16:30 horas.

Actividades

Entre as primeiras actividades programadas están rutas de sendeirismo, visitas á propia aula e pases de documentais e vídeos sobre a Serra do Courel  organizadas en coordinación con colexios e servizos turísticos da zona. A aula é ademais un complemento ás tarefas que a USC desenvolve na Estación, vinculadas fundamentalmente á investigación e formación medioambiental coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento da comarca courelá. O Centro da Natureza forma parte da rede que o organismo provincial puxo en marcha dentro do programa medioambiental LugoO2 e que xa conta con outras aulas na provincia co obxectivo de fomentar a superficie de Reserva da Biosfera que supón máis do 55% do territorio lugués.

Fonte: http://xornal.usc.es/xornal

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: