Publicado por: ceercomunicaciencia | 15/03/2011

III Ciclo Os Luns con Ciencia

A saúde é o primeiro

Lugar: Todas as conferencias se celebrarán na Domus (r/ Santa Teresa 1. A Coruña)

Data: 14 de marzo a 20 de xuño

Horario: 20:00 horas

O ciclo está dirixido ao público xeral, persoas interesadas pola divulgación científica, alumnado e profesorado da universidade.

Están solicitados 2 créditos de libre elección para o alumnado da UDC que asista.

Inscrición no teléfono 981 189 840 begin_of_the_skype_highlighting              981 189 840      end_of_the_skype_highlighting, en horario de 9:00 a 14:00 horas

Un ano máis, a Unidade de Divulgación da Cultura Científica da UDC e máis os Museos Científicos Coruñeses poñen en marcha o Ciclo “Os Luns con Ciencia”, baixo o título “A saúde é o primeiro”, este ano en colaboración co Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Nesta 3ª edición o tema central é a saúde, tratando específicamente os transplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Ao longo das sesións, diversos expertos trasladarán ao público diferentes aspectos relacionados cos temas tratados, intervencións que serán seguidas de debates.

Programa

14 de marzo
“Doazón e transplante de órganos en vida: un exemplo de solidariedade”.
Antón Fernández. Coordinador de Transplantes do CHUAC.

21 de marzo
“Retos do transplante hepático”. Francisco Suárez. Hepatólogo Programa
Transplante Hepático do CHUAC

28 de marzo
“A tecnoloxía do transplante renal en imaxes”. José Manuel García Buitrón.
Urólogo Programa de transplante Renal do CHUAC.

4 de abril
“Transplante pulmonar: a innovación ao servizo dos pacientes”. José María
Borro. Xefe Programa Transplante Pulmonar e Xefe de Servizo de Cirurxía
Torácica do CHUAC

11 de abril
“Unha viaxe ao redor do corazón: mitos e realidades. A Coruña: Corazón do
Corazón”. Alfonso Castro Beiras. Xefe de Servizo de Cardioloxía do CHUAC.

2 de maio
“Como se trata o paciente con infarto agudo de miocardio en Galicia?”
Nicolás Vázquez González, Coordinador da Unidade de Hemodinámica do CHUAC, e
José Antonio Iglesias Vázquez, Director da Fundación 061.

9 de maio
“Exercicio físico, deporte e corazón. Podemos previr?” Lorenzo Monserrat.
Cardiólogo, Unidade de Cardiopatías Familiares do CHUAC.

23 de maio
“Do home primitivo ao home obeso”. Ovidio Vidal, Xefe do Servizo de
Endocrinoloxía do CHUAC.

30 de maio
“A Obesidade, o buraco negro metabólico”. Fernando Cordido. Endocrinólogo do
CHUAC.

6 de xuño
“A diabetes e a súa alianza coa biotecnoloxía”. Teresa Martínez Ramonde.
Endocrinóloga do CHUAC.

13 de xuño
“Mais aló da obesidade e da diabetes: Efectos colaterais”. Alfonso Soto
González Endocrinólogo do CHUAC.

20 de xuño
“Obesidade, unha epidemia que se pode combater”. Susana Monereo Megías. Xefa
do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do Hospital Universitario de
Xetafe.
 

Información de interese

Máis información

Fonte: http://www.udc.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: