Publicado por: ceercomunicaciencia | 10/03/2011

Premio de Fotografía Científica na UDC

Premio fotografía científica

A máis prestixiosa fundación de investigación biomédica do Reino Unido outorga o seu premio de fotografía científica a unha profesora da UDC.

Mónica Folgueira, profesora axudante do departamento de Bioloxía Celular e Molecular da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, vén de gañar o premio do Concurso de Fotografía Científica 2011 organizado pola Fundación Wellcome Trust, a maior organización benéfica independente do Reino Unido e a segunda en investigación médica de todo o mundo, cunha micrografía confocal. Financia investigacións biomédicas innovadoras a nivel internacional, investindo cada año arredor de 500 millóns de libras para apoiar os científicos máis brillantes e fomenta o debate público sobre a investigación biomédica e o seu impacto na saúde e o benestar.
Con respecto a Mónica Folgueira, é investigadora no grupo de investigación Neurover, da UDC, e realizou a fotografía gañadora durante unha estadía no Steve Wilson Lab, da University College of London.
Doutora en Bioloxía pola Universidade da Coruña no ano 2005, a galardoada imparte docencia práctica nas materias de “Histoloxía Vexetal e Animal” e “Bioloxía do desenvolvemento” na titulación de Bioloxía da UDC, ademais de desenvolver o seu labor investigador.

Fonte: http://www.udc.es/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: