Publicado por: ceercomunicaciencia | 07/03/2011

Entrevista a o Dr. Manuel Romero Bernárdez, Premio de investigación 2010 Real Academia Gallega de Ciencias

Entrevistamos ao investigador Dr. Manuel Romero Bernárdez, cuxa recente finalización da tese doutoral “‘Interceptación de señales de comunicación bacteriana tipo N-*cilhomoserín lactona (AHL) en bacterias aisladas del medio marino’  acadou o Premio de investigación 2010 Real Academia Gallega de Ciencias e abre unha nova vía  alternativa aos antibióticos para o tratamento de infeccións por bacterias, tanto en seres humanos como noutras especies animais.

Os investigadores Manuel Romero Bernárdez e Ana Otero Casal, do Departamento de Microbioloxía da USC

Os investigadores Manuel Romero Bernárdez e Ana Otero Casal, do Departamento de Microbioloxía da USC

Os investigadores do Departamento de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) lograron illar diversas bacterias mariñas capaces de degradar as sinais de comunicación bacteriana máis comúns -las Acil-homoserín-lactonas- que poderían ser utilizadas para o tratamento e prevención de enfermidades no campo da acuicultura, ademais de outras aplicacións biotecnolóxicas. Chegaríase así a un mecanismo alternativo aos antibióticos cos que tratar infeccións ou en conxunción con estes para facelos más efectivos.

Moitas bacterias patóxenas  coordinan o seu ataque comunicándose entre elas grazas á produción de pequenas moléculas sinal nun proceso chamado ‘detección de quórum’ (quorum sensing). Cando estas sinais son eliminadas, as bacterias perden a súa virulencia ao non poder coordinarse e, deste modo, é moito máis sinxelo destruílas para o sistema inmunolóxico. Esta liña de investigación constitúe unha interesante alternativa aos antibióticos xa que non xera resistencias e, ademais de utilizarse en infeccións humanas, é posible que no futuro se utilice para tratar as enfermidades das principais especies de peixes producidas en Galicia.

A USC patentou dúas das vinte cepas de bacterias mariñas identificadas cunha elevada actividade, grazas ao patrocinio da Fundación Genoma España. Actualmente o grupo de investigación está centrando os seus esforzos en clonar os xenes responsables desta actividade de degradación de sinais bacterianas, para ampliar o abanico de aplicacións biotecnolóxicas destas cepas.

Entrevista:

Bos días Manuel, como explicarías aos legos os resultados das vosas investigacións?

Bos días.

A nosa investigación xorde como resposta ao problema de resistencia aos antibióticos por parte de moitas bacterias patóxenas e o limitado uso que se pode facer destos en diferentes campos como no caso da acuicultura. Para evitar este problema é necesario unha búsqueda de mecanismos alternativos que nos permitan controlar as enfermidades infecciosas bacterianas.

Un destes mecanismos é a comunicación bacteriana ou “quorum sensing”, posto que actualmente sabemos que moitas bacterias patóxenas coordinan o seu ataque mediante a produción e detección de pequenas moléculas sinal que liberan o medio. As moléculas acumúlanse de forma proporcional a cantidade de bacterias permitindo a éstas “censar a poboación” de xeito que só atacaran ó hóspede cando se atopan en número suficiente para que este ataque sexa efectivo.

Deste xeito si acadamos eliminar a sinal do medio faremos a estas bacterias “xordas” e “mudas” e evitaremos a súa patoxenicidade. Na nosa investigación obtivemos varios illados mariños que presentan actividade degradadora destes sinais de comunicación.

É xa posible aplicar practicamente os resultados da súa tese no campo da acuicultura?

Si, posto que os illados son mariños e poderían utilizarse directamente nos tanques de cultivo de especies mariñas para o control de bacterias patóxenas.

Que é o que falta por facer?

Fáltannos estudios de campo para os illados con potencial biotecnolóxico que xa probamos que non son patóxenos para peixes como o rodaballo.

As aplicacións que mencionades na loita contra as enfermidades nos peixes de cultivo, que beneficios poderían ter no sector da acuicultura?

Pois poderían supoñer un avance moi importante na loita contra numerosas bacterias patóxenas na acuicultura e reducir a cantidade de antibióticos tradicionais utilizada na acuicultura, ademais estes mecanismos non xeran resistencias, como os antibióticos.

Considera necesaria unha subvención privada por parte das empresas que se beneficiarían desta liña de investigación? Que lles diría?

Considerámola moi necesaria pois e unha tecnoloxía moi prometedora xa que no laboratorio xa probou a súa eficacia e para facer estudios de campo necesitariamos o apoio da empresa privada. Estamos abertos a calquera posibilidade cas empresas de acuicultura ou de outros campos posto que estes mecanismos tamén poden ser utilizados para o control de patóxenos en plantas, animais e nun futuro incluso en medicina humana.

Que outras aplicacións biotecnolóxicas podería ter a vosa investigación?

Os illados dos que dispoñemos no laboratorio son cultivables tanto en medios mariños como en medios terrestres, o que nos permite o seu uso noutros campos ademáis da acuicultura.

Por exemplo? Teño entendido que a investigación da súa tese doutoral xerou xa dúas patentes…

Sí, a alta actividade contra sinais de comunicación de bacterias patóxenas das bacterias mariñas que illamos fíxonos ver dende moi cedo o seu potencial polo que a Universidade de Santiago, co patrocinio de Genoma España, decidiu patentalas para protexer o seu uso e permitir unha investigación máis profunda das súas actividades.

Que implicará o voso traballo actual: clonar os xenes responsables desta actividade de degradación de sinais bacterianas?

 A clonación dos xenes responsables da actividade permitirá obter o principio activo puro e polo tanto aumentar a súas posibles aplicacións como antipatoxénico para outros campos a parte da acuicultura.

A onde lle gustaría encamiñar as súas futuras investigacións?

Gustaríame probar os aillados como antipatoxénicos na acuicultura pero tamén noutros campos da saúde animal, humana ou vexetal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: