Publicado por: ceercomunicaciencia | 07/03/2011

A USC PARTICIPA NUN PROXECTO EUROPEO PARA MELLORAR O ENSINO DAS CIENCIAS EN SECUNDARIA

O estudo pretende mellorar o interese do estudantado polas disciplinas científicas.

Un equipo de investigadores do departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade de Santiago participa nun proxecto europeo destinado a mellorar o ensino das ciencias e incrementar o interese dos alumnos de Ensino Secundario polas disciplinas científicas. Con tal fin, están a desenvolver serie de materiais pedagóxicos dirixidos aos docentes, en particular aos de Secundaria. O proxecto, liderado por Noruega, está integrado por un total de 25 institucións académicas de 15 países. En España, a coordinadora do proxecto é a profesora da USC Mª Pilar Jiménez Aleixandre.

A idea central do proxecto é axudar aos profesores a que empreguen métodos de indagación nas súas clases, co propósito de os estudantes se fagan preguntas, collan problemas reais que perciban no súa contorna e realicen traballos de investigación para explicar o que nos rodea. Non se trata pois de que os alumnos memoricen, senón de que poñan en práctica o que aprenden de cara a resolución de problemas, de xeito que teñan un papel activo no ensino, segundo explica Jiménez Aleixandre.

Máis információn en: http://fceer.org/index.php?pid=noticias&detalle=1158

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: