Publicado por: ceercomunicaciencia | 22/02/2011

Club de lectura científico do CEER

No CEER estase a desenvolver un obradoiro de lectura e debate do libro “Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro” ao que vos convidamos a participar (atoparedes un enlace permanente ao Club de lectura no panel dereito desta páxina) . O libro trata de diversos temas científicos como os problemas de vivir nas naves espaciais e o adestramento que precisan os astronautas, as distintas velocidades do tempo, a mente bilingüe, a revolución informática, a busca de explicacións neurolóxicas a certas habilidades místicas, cal é o invento máis importante dos últimos 2000 anos e moitos temas máis tratados de maneira sinxela e amena.

“A maioría dos átomos do teu corpo cráronse no corazón das supernovas, as explosións coas que rematan a súa vida moitas estrelas. De ahí vimos todos: somos, literalmente, po de estrelas. Comprender o mundo que nos rodea é un excelente elixir mental contra a credulidade e o fanatismo. A ciencia moderna é, ademais, unha ferramenta sólida, útil, gratificante e divertida: achéganos ideas e teorías sorpredentes sobre a natureza dos Cosmos que orixinou a vida no planeta Terra. Este libro é unha invitación para gozar deste espectáculo cotián da man de Xurxo Mariño, coas ilustracións humorísiticas de Santy Gutiérrez e as infografías de Manuela Mariño. ”

Podedes rexistrarvos gratuitamente na páxina http://www.fceer.org/clubdelectura/, acceder ao libro e clickar en “participar”. Tamén podedes enviarnos un correo á dirección santiagotec@fceer.org e xestionaremos a alta por vos. O libro está dispoñible para a súa descarga en formato pdf. Animádevos a participar!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: