Publicado por: ceercomunicaciencia | 21/02/2011

A USC abre as convocatorias de axudas para a investigación 2011

 

As axudas están destinadas ao persoal docente e investigador

O persoal docente e investigador pode optar á convocatoria de axudas para investigación 2011 concedidas pola USC, aprobadas polo Consello de Goberno na súa última xuntanza.  Trátase das bolsas para viaxes de investigación, para premios estatais, visitas de investigadores, contratos predoutorais e a convocatoria de axuda aberta. As persoas interesadas deben presentar a súas solicitudes, nos prazos previstos en cada unha delas, nos rexistros do Cactus e do Colexio de San Xerome, en Santiago; e na Biblioteca Intercentros en Lugo.  Así mesmo, a información pormenorizada de cada unha das bolsas pode consultarse na web http://imaisd.usc.es/.

 

Viaxes de investigación
O obxecto desta convocatoria é facilitar os desprazamentos fóra de Galicia para participar en congresos científicos nacionais ou internacionais que se celebren entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011. Así mesmo, a través das bolsas de viaxes de investigación sufráganse estadías e actividades, a participación en cursos breves, así como a preparación de solicitudes de grandes proxectos consorciados de investigación de carácter internacional que se presenten en 2011. Esta convocatoria permanecerá aberta ata o 15 de outubro.

 

Premios estatais
Estas axudas están destinadas a licenciados, enxeñeiros, enxeñeiros técnicos ou graduados que acaden o primeiro, segundo ou terceiro Premio Nacional dos seus respectivos estudos. A duración destas bolsas será de 48 meses, contados a partir da data de incorporación e se estruturarán en dous períodos distintos: un primeiro de 24 meses no que deberá acadar a suficiencia investigadora por medio da obtención da DEA ou equivalente, e outro dun máximo de dous anos mediante contrato de traballo en prácticas. Os interesados deben solicitar as axudas no primeiro trimestre do ano 2011 ou nun mes contado a partir da publicación no BOE da resolución de axudas do programa FPU ou FPI.

 

Visitas de investigadores
A USC subvenciona a visita ou encontro de investigadores cunha duración mínima de tres días naturais de actividade efectiva e constatable con programas de traballo concreto. Esta convocatoria permanecerá aberta ata o 15 de outubro.
  Axuda Aberta
A bolsa de axuda aberta está destinada a resolver problemas excepcionais de financiamento relacionados directamente coa investigación en curso, naqueles casos non cubertos por outras axudas neste eido da USC ou doutros organismos públicos ou privados. A convocatoria permanecerá aberta ata o 15 de outubro de 2011.

 

Programa para contratos predoutores
A finalidade da presente convocatoria é promover a formación de doutores mediante a concesión de axudas para contratos así como potenciar a consolidación de grupos de investigación competitivos. Esta bolsa está dirixida a investigadores que obtiveron o Diploma de Estudos Avanzados ou equivalentes. As persoas interesadas deben solicitar as axudas entre o 1 e o 31 de marzo, sendo a súa duración máxima de 30 días.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: