Publicado por: ceercomunicaciencia | 17/02/2011

Os expertos reclaman máis sensibilización e responsabilizan ao home da expansión das plantas invasoras

Mimosa, acacia e carpobrotus son as especies máis agresivas nos ecosistemas galegos.

Investigadores de toda a península reuniranse en Vigo para coordinar as súas liñas de traballo.

Vías de comunicación a nivel mundial, comercio de especies ornamentais, novos cultivos… son moitas as causas que están detrás da introdución de flora foránea nos ecosistemas propios. Moitas destas plantas, pola súa capacidade de adaptación e de expansión acaban converténdoas en invasoras que ameazan a biodiversidade e provocan graves danos nas zonas de expansión. A consideración desta situación como un problema grave é relativamente recente e os investigadores reclama unha maior sensibilización para poder atallar un problema cunha solución moi complexa que pasa inevitablemente pola prevención.

Para que estas estratexias de freo sexan verdadeiramente efectivas é preciso que todos os grupos de investigación e organismos que traballan neste eido o fagan dun xeito coordinado que permita a comparación de resultados e metodoloxías. Con este obxectivo nace a 1ª Reunión Ibérica sobre Plantas Invasoras que se celebrará en Vigo no mes de maio, entre os días 12 e 14, e na que se darán cita investigadores que representarán a maior parte dos grupos de España e Portugal. Tras esta iniciativa pioneira na península están os profesores José M.ª Sánchez e Luis González, director e secretario respectivamente do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo, que explican que o abandono do campo nas últimas décadas en boa parte de Galicia foi outro condicionantes para o aumento destas expansións alóctonas, xa que “co campo traballado e coidado estas plantas non teñen capacidade para ocupalo”. Outro exemplo é o dos carrizos da Pampa ou plumeiros que adoitan sementarse nas medianeiras das autoestradas, unha especia invasora que está controlada e non é quen de estenderse.

Obxectivo: dinamizar e coordinar o traballo

Esta é a primeira edición, que xorde con espírito de continuidade pero é ademais pioneira na Península Ibérica, na que este tipo de xuntanzas é única. A invitación foi cursada a 29 grupos de investigación ibéricos aínda que os organizadores xa teñen constancia do interese espertado máis aló dos convidados, incluso de administracións públicas como a Xunta de Galicia, do que se congratulan por tratarse “dunha das partes implicada nesta loita con as plantas invasoras”.

Ademais, a reunión terá un marcado carácter interdisciplinar xa que nela se darán cita investigadores tanto de botánica, como do eido ambiental e mesmo economistas. A previsión é de entre 75 e 100 asistentes, “porque non pretendemos facer un congreso multitudinario senón unha reunión de traballo que permita avanzar na loita contra estas invasións”. O 15 de marzo péchase prazo de inscrición.

Que se pode facer ante estas invasións?

Ante a demanda de solucións, os expertos inciden sobre todo na prevención porque, cando unha especie con capacidade invasora comeza a estenderse e se adapta ao novo ecosistema resulta case imposible erradicala, ano a ano elimínanse mimosas ou acacias de moitas zonas de Galicia e, “na primavera seguinte, vólvese ao estado inicial”. Con todo, Sánchez e González coinciden en que “existe unha lexislación moi estrita no que se refire á entrada de organismos invasores, pero o problema reside en que unha vez que entran nos ecosistemas é case imposible erradicalos”. Os profesores inciden en que hai que ser constante e manter os coidados nas zonas afectadas, “sempre quedan raíces ocultas e son moi resistentes e prolíficas, de aí que se convertan en invasoras”, facendo perigar tamén insectos e outros animais que poden alterar a cadea do ecosistema e provocar danos tamén a nivel económico.

Pero cando a fase de prevención xa quedou atrás, que medidas se poden tomar para frear o avance destas especies? Os expertos remarcan que a solución non pode ser xenérica, “deben adoptarse medidas específicas para cada espazo dependendo da súa gravidade, extensión e especies afectadas”. Existen zonas especialmente sensibles como os parques naturais polo complicado equilibrio dos seus ecosistemas, “nas illas, por exemplo, estas alteracións magnifícanse e o seu equilibrio, de por si difícil, pode sufrir danos irreparables que impliquen a perda total de algunha especie”. Como exemplo, nas Illas Cíes a loita está centrada na carpobrotus que, a pesar de estar case erradicada, volve a xurdir en pouco tempo. As zonas dunare son outro dos focos de atención no que á loita contra as plantas invasoras se refire.

Consecuencias irreparables

O maior risco que estas especies implican é a perda da biodiversidade propia, “tendendo á homologación en épocas de completa globalización, tamén nos ecosistemas”, explican os profesores. “Non son mellores nin peores estas especies foráneas, pero cada elemento da natureza ten a súa razón de ser no seu espazo”, por iso o máis importante é recoñecer isto como un risco para poder loitar contra el. Para que a sociedade e as institucións visibilicen isto como un problema existen varias circunstancias que loitan en contra, por exemplo a beleza. “Moitas destas especies son plantas ornamentais”, explican os investigadores, “son vistosas, bonitas e a xente non as asumen como invasoras, quedan ben e non parecen un perigo para o ecosistema” cando en realidade poden facelo desaparecer. Vías de comunicación a nivel mundial, comercio de especies ornamentais, novos cultivos… son moitas as causas que están detrás da introdución de flora foránea nos ecosistemas propios. Moitas destas plantas, pola súa capacidade de adaptación e de expansión acaban converténdoas en invasoras que ameazan a biodiversidade e provocan graves danos nas zonas de expansión. A consideración desta situación como un problema grave é relativamente recente e os investigadores reclama unha maior sensibilización para poder atallar un problema cunha solución moi complexa que pasa inevitablemente pola prevención.

Para que estas estratexias de freo sexan verdadeiramente efectivas é preciso que todos os grupos de investigación e organismos que traballan neste eido o fagan dun xeito coordinado que permita a comparación de resultados e metodoloxías. Con este obxectivo nace a 1ª Reunión Ibérica sobre Plantas Invasoras que se celebrará en Vigo no mes de maio, entre os días 12 e 14, e na que se darán cita investigadores que representarán a maior parte dos grupos de España e Portugal. Tras esta iniciativa pioneira na península están os profesores José M.ª Sánchez e Luis González, director e secretario respectivamente do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo, que explican que o abandono do campo nas últimas décadas en boa parte de Galicia foi outro condicionantes para o aumento destas expansións alóctonas, xa que “co campo traballado e coidado estas plantas non teñen capacidade para ocupalo”. Outro exemplo é o dos carrizos da Pampa ou plumeiros que adoitan sementarse nas medianeiras das autoestradas, unha especia invasora que está controlada e non é quen de estenderse.

Obxectivo: dinamizar e coordinar o traballo

Esta é a primeira edición, que xorde con espírito de continuidade pero é ademais pioneira na Península Ibérica, na que este tipo de xuntanzas é única. A invitación foi cursada a 29 grupos de investigación ibéricos aínda que os organizadores xa teñen constancia do interese espertado máis aló dos convidados, incluso de administracións públicas como a Xunta de Galicia, do que se congratulan por tratarse “dunha das partes implicada nesta loita con as plantas invasoras”.

Ademais, a reunión terá un marcado carácter interdisciplinar xa que nela se darán cita investigadores tanto de botánica, como do eido ambiental e mesmo economistas. A previsión é de entre 75 e 100 asistentes, “porque non pretendemos facer un congreso multitudinario senón unha reunión de traballo que permita avanzar na loita contra estas invasións”. O 15 de marzo péchase prazo de inscrición.

Que se pode facer ante estas invasións?

Ante a demanda de solucións, os expertos inciden sobre todo na prevención porque, cando unha especie con capacidade invasora comeza a estenderse e se adapta ao novo ecosistema resulta case imposible erradicala, ano a ano elimínanse mimosas ou acacias de moitas zonas de Galicia e, “na primavera seguinte, vólvese ao estado inicial”. Con todo, Sánchez e González coinciden en que “existe unha lexislación moi estrita no que se refire á entrada de organismos invasores, pero o problema reside en que unha vez que entran nos ecosistemas é case imposible erradicalos”. Os profesores inciden en que hai que ser constante e manter os coidados nas zonas afectadas, “sempre quedan raíces ocultas e son moi resistentes e prolíficas, de aí que se convertan en invasoras”, facendo perigar tamén insectos e outros animais que poden alterar a cadea do ecosistema e provocar danos tamén a nivel económico.

Pero cando a fase de prevención xa quedou atrás, que medidas se poden tomar para frear o avance destas especies? Os expertos remarcan que a solución non pode ser xenérica, “deben adoptarse medidas específicas para cada espazo dependendo da súa gravidade, extensión e especies afectadas”. Existen zonas especialmente sensibles como os parques naturais polo complicado equilibrio dos seus ecosistemas, “nas illas, por exemplo, estas alteracións magnifícanse e o seu equilibrio, de por si difícil, pode sufrir danos irreparables que impliquen a perda total de algunha especie”. Como exemplo, nas Illas Cíes a loita está centrada na carpobrotus que, a pesar de estar case erradicada, volve a xurdir en pouco tempo. As zonas dunare son outro dos focos de atención no que á loita contra as plantas invasoras se refire.

Consecuencias irreparables

O maior risco que estas especies implican é a perda da biodiversidade propia, “tendendo á homologación en épocas de completa globalización, tamén nos ecosistemas”, explican os profesores. “Non son mellores nin peores estas especies foráneas, pero cada elemento da natureza ten a súa razón de ser no seu espazo”, por iso o máis importante é recoñecer isto como un risco para poder loitar contra el. Para que a sociedade e as institucións visibilicen isto como un problema existen varias circunstancias que loitan en contra, por exemplo a beleza. “Moitas destas especies son plantas ornamentais”, explican os investigadores, “son vistosas, bonitas e a xente non as asumen como invasoras, quedan ben e non parecen un perigo para o ecosistema” cando en realidade poden facelo desaparecer.

Fonte: http://duvi.uvigo.es

Máis novas en: http://fceer.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: