Publicado por: ceercomunicaciencia | 08/02/2011

Unha nova técnica permite a creación de implantes que se disolven a medida que medra o óso

Froito do traballo realizado polo enxeñeiro Rafael Comesaña na súa tese de doutoramento.

O obxectivo é empregalos na reparación de defectos craniais, sobre todo, en pediatría.

Catro anos de investigación que deron como froito unha técnica baseada en plaquetado láser que permite a creación de implantes biocerámicos tridimensionais para o seu emprego na reparación de defectos óseos craniais. Así define o enxeñeiro Rafael Comesaña a súa tese de doutoramento, unha investigación realizada ao abeiro do traballo que está a levar a cabo o Grupo de Investigación de Aplicacións Industriais dos Láseres, un equipo con múltiples traballos publicados sobre a aplicación da tecnoloxía láser ao campo biomédico. “Partindo da diagnose do defecto cranial deséñase a xeometría e a composición do implante requirido”, subliña Comesaña, ao tempo que explica que esta é unha das principais vantaxes, pois grazas a esta característica “o implante acada unha osteointegración completa”, en referencia a que o implante se vai disolvendo a medida que medra o novo óso, un comportamento que resulta especialmente útil en pediatría. “No caso dos nenos é fundamental acadar que o cranio continúe co seu crecemento normal, algo que non sería posible cun implante convencional metálico ou polimérico”, explica o autor da tese, que nestes intres se atopa realizando unha estancia de investigación en Alemaña.

Ensaios en animais

Os ensaios realizados ata o momento son cualificados polo investigador como “moi prometedores” e poñen de relevo o potencial desta técnica, demostrando a bioactividade dos implantes producidos, a estimulación de proliferación de células óseas e a capacidade de disolución gradual en fluido biolóxico simulado segundo os parámetros de deseño. Actualmente a investigación encóntrase no estadio de experimentación in vivo en modelo animal, un paso previo aos ensaios clínicos en persoas.

Cada implante é específico para cada paciente e o deseño realízase a partir do diagnóstico e o análise xeométrico do defecto, que se consegue a partir dos datos extraídos mediante tomografía axial computarizada (TAC) ou resonancia magnética Os estudos actualmente publicados estiman que a partir dos 25 mm de tamaño de defecto cranial é necesario utilizar un implante, xa que o oso non será completamente rexenerado; polo tanto, o tamaño útil do implante estará comprendido entre os 25 mm e o tamaño maior dun posible defecto cranial, “habitualmente inferior os 150 mm”, especifica o investigador.

Futuro prometedor

Dirixida polos profesores Juan Pou e Fernando Lusquiños, a tese presentouse no ano que a invención do primeiro láser cumpre 50 anos. “Os resultados son moi prometodores e auguran un gran futuro para a aplicación da tecnoloxía láser no campo da enxeñaría de tecidos”, explica Comesaña, que finalizou a titulación en Enxeñaría Industrial no ano 2005 con premio extraordinario fin de carreira. Dende entón desenvolve o seu labor como investigador no Departamento de Física Aplicada e, froito deste traballo, ten publicado artigos en diferentes revistas científicas e participado en varios congresos internacionais.Catro anos de investigación que deron como froito unha técnica baseada en plaquetado láser que permite a creación de implantes biocerámicos tridimensionais para o seu emprego na reparación de defectos óseos craniais. Así define o enxeñeiro Rafael Comesaña a súa tese de doutoramento, unha investigación realizada ao abeiro do traballo que está a levar a cabo o Grupo de Investigación de Aplicacións Industriais dos Láseres, un equipo con múltiples traballos publicados sobre a aplicación da tecnoloxía láser ao campo biomédico. “Partindo da diagnose do defecto cranial deséñase a xeometría e a composición do implante requirido”, subliña Comesaña, ao tempo que explica que esta é unha das principais vantaxes, pois grazas a esta característica “o implante acada unha osteointegración completa”, en referencia a que o implante se vai disolvendo a medida que medra o novo óso, un comportamento que resulta especialmente útil en pediatría. “No caso dos nenos é fundamental acadar que o cranio continúe co seu crecemento normal, algo que non sería posible cun implante convencional metálico ou polimérico”, explica o autor da tese, que nestes intres se atopa realizando unha estancia de investigación en Alemaña.

Fonte: http://duvi.uvigo.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: