Publicado por: ceercomunicaciencia | 21/12/2010

O Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos da USC patenta un método baseado na bioloxía molecular para a realización de controis alimentarios

O Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos da USC (LHICA) acaba de patentar un método baseado na bioloxía molecular que poderá utilizarse na realización de controis alimentarios. Concretamente, este grupo está a traballar no deseño de sistemas que permitan diferenciar carnes e outros alimentos ecolóxicos dos obtidos de xeito convencional.
Os investigadores xa comprobaron recentemente as diferenzas que existen dende o punto de vista microbiolóxico entre os alimentos ecolóxicos e os de produción convencional. Para iso, o grupo desenvolveu un método capaz de detectar e cuantificar a poboación microbiana resistente a un grupo de antibióticos, as tetraciclinas, que poden estar presentes na carne.
O método para estas análises consiste nun kit deseñado e patentado polos investigadores do LHICA que permite localizar a presenza en alimentos de dous dos principais xenes de resistencia fronte a estes fármacos e que con máis frecuencia se teñen descrito en bacterias illadas de alimentos, o tetA e o tetB. “O kit é froito dun dilatado traballo de análise de múltiples secuencias xenéticas de moitas cepas de especies bacterianas resistentes á tetraciclina e que eran portadoras dos citados xenes”, afirma o profesor Carlos Franco Abuín, coordinador do proxecto.
Na actualidade, os membros do LHICA están a empregar este método para analizar carne de diferentes especies animais criadas tanto baixo o sistema de produción convencional como ecolóxico. A finalidade é poder establecer, a partir da presenza destes biomarcadores nos alimentos, valores que permitan realizar un control eficaz sobre produtos ecolóxicos para garantir este tipo de produción.
 
Tal e como sinala o profesor Franco “o uso abusivo de antibióticos na produción animal convencional ten desencadeado a excesiva proliferación de bacterias resistentes a diversos antimicrobianos nas carnes frescas”. Como consecuencia, fronte a este tipo de produción xorde a cría ecolóxica, que se caracteriza, entre outros aspectos, por evitar en gran medida o uso de fármacos, incluídos os antimicrobianos.

Fonte: http://xornal.usc.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: