Publicado por: ceercomunicaciencia | 07/12/2010

A ciencia resolve os problemas con creatividade

Conferencia ‘O láser, 50 anos despois’ na Fundación Barrié.
O profesor Pío González achegou esta tecnoloxía ao público, que acabou facendo un mural co pintor Mingos Teixeira.

Ciencia e imaxinación non son incompatibles. Iso é o que demostrou Pío González, profesor de Física Aplicada da Universidade de Vigo, na conferencia que impartiu este xoves, O láser, 50 anos despois, un percorrido histórico por esta tecnoloxía no que o público ademais de escoitar puido ver, tocar e manipular todo tipo de experiencias saídas do láser. Xa antes de sentarse, os participantes no relatorio atoparon na sala un mostrario de obxectos cortados por láser, hologramas, pezas antigas… das que o profesor explicou cada unha das súas peculiaridades.

Sempre pensando en que as cousas quedaran ben claras, durante o relatorio, González alternou as explicacións de diferentes aplicacións da tecnoloxía láser en campos como a industria, a medicina ou as comunicacións, con experimentos feitos en vivo e en directo cos distintos aparellos láser que desprazou dende o seu laboratorio no campus vigués ata a Fundación Pedro Barrié de la Maza. Todo para poder amosar de xeito sinxelo ao público como medir distancias e espesores, as interferencias dos láser ou o funcionamento dunha rede de fibra óptica empregando algo tan simple como unha botella de auga.

Como ciencia e arte camiñan collidas da man en moitas ocasións, o pintor Mingos Teixeira colaborou co profesor González na última parte do relatorio para amosar que en ambas disciplinas “é preciso ser creativo para resolver problemas”. Comprobalo estivo nas mans do público: o artista repartiu entre os asistentes ceras brancas para que escribiran case a cegas sobre un lenzo tamén branco o que lles inspiraba o láser. Unha vez rematado, Teixeira cubriu o papel con acuarelas líquidas de colores, co que a creatividade do público veu a luz e deu como resultado un cadro colectivo que lucirá na ETS de Enxeñería Industrial.

O vindeiro relatorio, o 14 de decembro
A conferencia forma parte dun ciclo de relatorios de carácter divulgativo A carón da ciencia organizado pola Unidade de Cultura Científica e a Fundación Pedro Barrié de la Maza e que pretende achegar a ciencia á sociedade dun xeito ameno, práctico, lúdico e desenfadado grazas á colaboración de investigadores da Universidade de Vigo. O ciclo continúa o vindeiro 14 de decembro coa charla Os ladrillos da Biodiversidade, que correrá a cargo do profesor Luis Navarro, con recoñecida experiencia en divulgación científica.

Fonte: http://duvi.uvigo.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: