Publicado por: ceercomunicaciencia | 15/11/2010

Outono ambiental na UDC

Actividades de voluntariado en Proxecto Ríos e Pegada Ecolóxica

A oficina de Medio Ambiente, da Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental da UDC, organiza para este outono dúas actividades de formación e participación como voluntariado ambiental:

Proxecto Ríos UDC

  • Xornadas de formación sobre Proxecto Ríos: venres 12, e mércores 24 de novembro, de 11:30 a 14 h, Salón de Actos do SAI (Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Elviña, Planta -4)
  • Limpeza de Ríos no campus de Elviña: xoves 25 de novembro, a partir das 11:30 h. Punto de encontro: rampla do Edificio de Servizos Centrais de Investigación entre 11:30 e 12:10 h. Limpeza no Río do Lagar, entre 12:10 e 14:00 h.

Para a xornadas do Proxecto Ríos compre levar roupa e calzado axeitados, para achegarse ao río, se o tempo o permite. Para o día da Limpeza recoméndase levar botas altas e roupa axeitada segundo a climatoloxía.As actividades do Proxecto Ríos serán impartidas e coordinadas por persoal da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).

As actividades do Proxecto Ríos están relacionadas coa custodia do territorio, unha nova ferramenta en educación ambiental para a conservación da biodiversidade a través do voluntariado.

Pegada Ecolóxica e Feira da Sustentabilidade

Lugar: Facultade de Ciencias, A Zapateira

  • Xornada de formación sobre Pegada Ecolóxica (Aula 14 da F. Ciencias): xoves 18, de 11:30 h a 14h

Pola Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA)

  • Feira da sustentabilidade (pasillos da F. De Ciencias): xoves 2 de decembro, a partir das 11:30 h, até 14h.

Por Feitoría Verde e a SGEA

A participación na Feira da Sustentabilidade é libre e sen necesidade de apuntarse. Para as restantes actividades de formación e a Limpeza de Ríos cómpre enviar previamente un correo electrónico á oma2@udc.es.

Exposición sobre a pegada ecolóxica na UDC

A Universidade da Coruña (UDC) e a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) veñen de elaborar unha exposición sobre a pegada ecolóxica na que se inclúe información sobre o caso da UDC.

A exposición conta con 16 paneis xa montados, de 80 cm de largo por 180 de alto, que a Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA-UDC) pon a disposición de toda a comunidade universitaria. Para a súa exposición, precísase unicamente un espazo axeitado, duns 20-25 m de percorrido.

Os centros, colectivos e calquera outra persoa da UDC poden dirixirse á Oficina de Medio Ambiente (oma@udc.es), para solicitar e reservar esta exposición. A información que deberán enviar é a seguinte:

  • Organismo, entidade ou persoa solicitante:
  • Persoa responsábel:
  • Centro onde se expoñerá:
  • Datas preferentes, indicando período de duración:

Así mesmo, poden indicar se están interesados/as nunha charla explicativa sobre a temática ou temáticas da exposición.

A OMA-UDC porase en contacto coas persoas solicitantes para concretar os detalles da súa realización.

Ver contidos da Exposición A pegada ecolóxica na UDC (pdf)

Histórico

Día mundial do medio ambiente

Fonte: http://www.udc.es

Más noticias en: http://fceer.org


Advertisements

Responses

  1. que boa pinta!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: