Publicado por: ceercomunicaciencia | 02/11/2010

Nova edición dos Cafés teatro científicos que organiza Neurocom

O grupo Neurocom reúne arte e ciencia en orixinais sesións de café teatro nas que participan actores, físicos, neurofisiólogos ou matemáticos.

Durante os próximos días celebrarase unha nova edición dos Café Teatro Científicos que organizan Xurxo Mariño e Casto Rivadulla, pertencentes ao departamento de investigación Neurocom, da Universidade da Coruña. Estes encontros levan por título xenérico “Que pasaría se xuntásemos nun bar a…” e teñen como obxectivo achegar dúas disciplinas en principio tan afastadas como a artística e a científica, a través da participación nestes encontros de actores e físicos, neurofisiólogos, matemáticos, biólogos ou ecólogos. Hoxe venres, día 29, celebrarase a primeira destas sesións programadas en Redondela, concretamente no local “O escondidiño”, ás 21.00 horas. Nesta ocasión xuntaranse nun bar o actor Vicente de Souza, así como os físicos e profesores da Universidade de Santiago Eduardo Sánchez e Enrique Zas.
Xa na xornada do xoves 4 de novembro, no mesmo escenario e á mesma hora, xuntaranse o actor César “Goldi”, a matemática e profesora da Universidade de Santiago Elena Vázquez e o neurofisiólogo Casto Rivadulla, que é profesor da Universidade da Coruña e organizador destas xornadas. O ciclo en Redondela pecharase o sábado 20 de novembro, coas intervencións do actor Vicente de Souza, o biólogo e investigador do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán Luis Sampedro, e o ecólogo e profesor da Universidade de Vigo Alberto Sampedro.
Santiago de Compostela será escenario tamén destes café teatro científicos, cunha sesión o xoves 11 de novembro no local Malas Pécoras, na Algalia de Abaixo, ás 22.30 horas. Reuniranse nesa ocasión os actores César “Goldi” e Vicente de Souza e os neurofisiólogos Xurxo Mariño e Casto Rivadulla.

Fonte: http://www.udc.es

Máis novas en: http://fceer.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: